Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2022 Páx. 48789

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2022, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Así mesmo, dar publicidade aos convenios pendentes de publicar subscritos no primeiro cuadrimestre do 2022 pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que se incorporan como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2022

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Denominación do convenio

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación do Fútbol Galego para a promoción dos valores da educación inclusiva, a convivencia e a igualdade a través das actividades deportivas.

Sen custo

2.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Federación de Libreiros de Galicia para a realización das feiras do libro de Galicia no ano 2022.

120.000,00 €

5.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Ourense para a cesión do uso do campo de fútbol do IES Universidade Laboral de Ourense.

Sen custo

5.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia (España) e a Universidade Federal Fluminense (Brasil) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

4.000,00 €

11.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Vilamartín de Valdeorras para a realización de actividades incluídas no proxecto As letras de Florencio co gallo da celebración das Letras Galegas 2022.

20.000,00 €

11.5.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña, para o funcionamento do Centro de Formación Profesional Rosalía Mera durante o curso escolar 2022/23.

106.925,61 €

11.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello do Carballiño para o proxecto de musealización da Fábrica de Papel da Lavandeira.

200.000,00 €

11.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Mos para a reforma integral e equipamento da biblioteca municipal de Mos.

250.000,00 €

11.5.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña, para o funcionamento do Centro Rafael Puga Ramón durante o curso escolar 2022/23.

490.096,50 €

11.5.2022

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Xunta de Galicia para a realización dun curso de linguaxe xurídica galega para o ano 2022.

Sen custo

11.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Curtis para a rehabilitación, posta en valor e musealización da Casa de María Antonia Dans.

250.000,00 €

13.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVigo) para completar as axudas ao persoal investigador principal dos programas Grants do Consello Europeo de Investigación (ERC).

900.000,00 €

13.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello da Coruña para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2022.

Sen custo

13.5.2022

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Curros Enríquez para a realización de actividades arredor da obra de Curros Enríquez e mantemento da Fundación.

15.000,00 €

20.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Asistencial TDAH Salnés (TDAH Salnés).

Sen custo

23.5.2022

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) para a realización de actividades culturais.

6.000,00 €

24.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Cospeito para a adquisición do ben de interese cultural Castelo de Caldaloba, tamén coñecido como Torre de Caldaloba.

100.000,00 €

25.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Nuestra Señora de Chamorro.

Sen custo

25.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Autismo Ourense.

Sen custo

25.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Fernando Blanco de Lema para a colaboración nos gastos da xestión do Museo Fernando Blanco.

12.000,00 €

27.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Xesús Bal y Gay para a realización do IX Festival Bal y Gay.

30.000,00 €

27.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Santiago para a implantación dunha central de distribución de enerxía térmica en Lugo.

Sen custo

1.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello das Somozas para a integración da Axencia de Lectura Municipal das Somozas na Rede de bibliotecas de Galicia.

Sen custo

2.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dunha actuación de limpeza, documentación e diagnose do estado de conservación das pinturas rupestres da Cova dos Mouros (Baleira, Lugo).

20.000,00 €

3.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dunha actuación arqueolóxica na Cova Eirós (Triacastela).

30.000,00 €

3.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fraternidade Local da Orde Franciscana Segrar de Mondoñedo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de restauración da capela da Venerable Orde Terceira do antigo convento de Alcántara, Mondoñedo (Lugo).

Sen custo

3.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello da Veiga para acondicionamento de edificacións anexas no Santuario do Santo Cristo da Ascensión.

120.000,00 €

6.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2022.

Sen custo

7.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Autismo Ourense para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado na provincia de Ourense.

4.272,00 €

9.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber), para posibilitar o uso do servizo de comedor de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

8.544,00 €

9.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Benéfica y Social de Padres y Amigos La Esperanza del Valle Miñor para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

14.952,00 €

9.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (Aspronaga) para posibilitar o uso do servizo de comedor de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

23.496,00 €

9.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Atención a la Parálisis Cerebral y Afines, Amencer-Aspace para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados en tres centros educativos radicados na provincia de Pontevedra.

23.923,20 €

9.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Pais de Persoas con Trastornos de Espectro Autista (TEA) da provincia da Coruña (Aspanaes) para posibilitar o uso do servizo de comedor de alumnos discapacitados en catro centros educativos radicados na provincia da Coruña.

57.372,96 €

9.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Carballeda de Valdeorras para a realización das obras de conservación da ponte nova de Sobradelo, Carballeda de Valdeorras (Ourense).

316.154,53 €

9.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación en favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la provincia de Pontevedra (Aspanaex) para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

8.544,00 €

10.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Amicos, Asociación para a atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise-dano cerebral e as súas familias, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

12.816,00 €

10.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Aceesca, Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado discapacitado nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

14.952,00 €

10.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Mos para realización das obras de rehabilitación da antiga Casa Reitoral de Petelos.

300.000,00 €

10.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Nuestra Señora de Chamorro para posibilitar o uso do servizo de comedor de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

2.990,40 €

13.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral (Aspace) para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

15.379,20 €

13.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación Menela para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

17.942,40 €

13.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, a Fundación Catedral de Santiago de Compostela e o Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (Citmaga) para o desenvolvemento de modelos computacionais para o estudo e predición da circulación de aire no interior da Catedral de Santiago de Compostela.

71.500,07 €

13.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Santiago de Compostela para a execución das obras de reforma do antigo pavillón da escola anexa da Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela.

100.000,00 €

13.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación San Xerome Emiliani para posibilitar o uso do servizo de comedor de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

7.262,40 €

14.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Crecente para a execución do proxecto de construción dunha cuberta para o patio infantil do CEIP plurilingüe Manuel Sieiro.

48.399,90 €

14.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Lalín para difundir a figura de Laxeiro no ano Laxeiro 2022.

12.000,00 €

16.6.2022

Addenda do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Curtis para a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia da Biblioteca Municipal Antón de Pepiño de Curtis pola que se modifican as cláusulas 5ª, 6ª, 7ª e 9ª, se incorporan referencias á notificación electrónica e á protección de datos persoais no clausulado e se prorroga por un período de catro anos.

Sen custo

16.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Hogar y Clínica San Rafael de Vigo para posibilitar o uso do servizo de comedor do alumnado discapacitado nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

5.126,40 €

17.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Pazo de Mos para a colaboración nos gastos de funcionamento da fundación.

12.000,00 €

20.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Internacional de Estudos Galegos para actuacións en materia de dinamización lingüística e de fomento da cultura galega.

6.000,00 €

22.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela para a realización de actividades culturais.

15.000,00 €

22.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Allariz para a realización dunha actuación arqueolóxica para a recuperación patrimonial do Castro da Cibdá de Armea (Allariz, Ourense).

20.000,00 €

22.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Muíños para a realización dunha actuación de restauración e posta en valor do Foxo do Lobo de Requiás (Muíños, Ourense).

27.000,00 €

22.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Asertividade, Unión, Resiliencia, Empatía, Grazas, Armonía (Áurega).

Sen custo

27.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Parada de Sil para a realización de actuacións arqueolóxicas de investigación e documentación no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil e no Círculo Lítico de Castrullos (Parada de Sil, Ourense).

23.000,00 €

29.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Cerdedo-Cotobade para a realización dunha actuación arqueolóxica de limpeza, restauración e posta en valor dos petróglifos sitos no seu termo municipal.

30.000,00 €

29.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación en favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la provincia de Pontevedra (Aspanaex) para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR Aspanaex.

33.792,24 €

29.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Amicos, asociación para a atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise-dano cerebral e as súas familias para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR Amicos.

109.981,00 €

29.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Atención á Parálise Cerebral e Afíns Amencer-Aspace para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR Amencer-Aspace e ao CEEPR Princesa Letizia.

118.660,78 €

29.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Pais de Persoas con Trastornos de Espectro Autista (TEA) da provincia da Coruña (Aspanaes) para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado aos CEEPR Aspanaes A Coruña, Aspanaes Duques de Lugo, Aspanaes Ferrol e Aspanaes As Pontes.

263.570,96 €

29.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Barreiros para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da biblioteca pública municipal de Barreiros pola que se modifican as cláusulas 5ª, 6ª, 7ª e 9ª, se incorporan referencias á notificación electrónica e á protección de datos no clausulado e se prorroga por un período de catro anos.

Sen custo

29.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Autismo Bata para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR Bata-Os Mecos.

10.951,48 €

30.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Hogar y Clínica San Rafael de Vigo para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR HC San Rafael de Vigo.

13.987,48 €

30.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Nuestra Señora de Chamorro para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR Nuestra Señora de Chamorro.

20.840,24 €

30.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Autismo Ourense para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR Ilustre Mestre.

25.129,74 €

30.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Hogar y Clínica San Rafael de Vigo para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR HC San Rafael de Vigo.

33.286,00 €

30.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Benéfica y Social de Padres y Amigos La Esperanza del Valle Miñor para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR Juan María.

50.268,48 €

30.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (Aspronaga) para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR Nuestra Señora de Lourdes.

63.521,92 €

30.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de padres de personas con paralisis cerebral (Aspace) para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR Aspace.

84.158,20 €

30.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Aceesca, Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR Aceesca.

121.101,66 €

1.7.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación Menela para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR Menela.

87.558,20 €

5.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Rogelio Groba para a colaboración nos gastos de funcionamento da Fundación.

10.000,00 €

7.7.2022

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e a Fundación Paideia Galiza para a colaboración educativa nas ensinanzas profesionais e superiores de música.

Sen custo

7.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, o Cabido do conxunto catedralicio de Santiago de Compostela e a Fundación Catedral de Santiago para o desenvolvemento e execución (3ª fase) de obras de restauración da capela do Cristo de Burgos da Catedral de Santiago de Compostela.

260.000,00 €

8.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia (España) e a Universidade Estadual de Ceará (Brasil) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

3.000,00 €

12.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Manzaneda para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

33.630,00 €

12.7.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a ASCM Ferrolterra, S.L. para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado a centros educativos radicados na provincia da Coruña.

52.011,80 €

12.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, o Cabido do conxunto catedralicio de Santiago de Compostela e a Fundación Catedral de Santiago para o desenvolvemento e execución de obras de restauración da Capela da Comuñón da Catedral de Santiago de Compostela.

60.000,00 €

13.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Oroso para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

58.410,00 €

14.7.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación San Xerome Emiliani para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR San Xerome Emiliani.

86.999,28 €

14.7.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e I-LAB Centro Especial de Empleo, S.L. para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado a centros educativos radicados na provincia da Coruña.

75.917,68 €

18.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Socio Cultural ASCM.

Sen custo

21.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol para a xestión da Biblioteca Municipal Central de Ferrol.

12.000,00 €

26.7.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Deputación provincial de Pontevedra en relación coa prestación do servizo de comedor escolar ao centro de educación especial Pontevedra, en Pontevedra.

19.936,00 €

27.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Consorcio Interuniversitario do Sistema universitario de Galicia (CISUG) para a posta en marcha dun Proxecto de análise bibliométrica no Sistema universitario de Galicia.

709.990,59 €

27.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para impulsar accións no Campus Terra como campus de especialización acreditado do Sistema universitario de Galicia (SUG).

4.000.785,00 €

27.7.2022

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade da Coruña (UDC) para impulsar accións no Campus Industrial de Ferrol (CIF) como campus de especialización acreditado do Sistema universitario de Galicia (SUG).

1.517.000,00 €

28.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Vilalba para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

39.825,00 €

29.7.2022

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Amigos da Ópera de Vigo para a realización de actividades culturais.

25.000,00 €

1.8.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Asertividade, Unión, Resiliencia, Empatía, Grazas, Armonía (Áurega).

Sen custo

22.8.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (Aspronaga).

Sen custo

22.8.2022

Sexta addenda ao convenio de colaboración educativa entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e a Fundación Centro Oncolóxico de Galicia José Antonio Quiroga y Piñeyro para a impartición de ensinanzas de formación profesional da familia de sanidade.

36.000,00 €

25.8.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (CPLGA).

Sen custo

25.8.2022

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do prácticum do máster universitario en profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas.

Sen custo

30.8.2022

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade da Coruña para a realización do prácticum do máster universitario en profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas.

Sen custo

30.8.2022

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Vigo para a realización do prácticum do máster universitario en profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas.

Sen custo

30.8.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Saúde mental Feafes Galicia).

Sen custo

30.8.2022

ANEXO II

Denominación do convenio

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia (España) e a Universität Zürich (Suíza) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

2.000,00 €

8.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia (España) e a Helsingin Yliopisto (Finlandia) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

4.000,00 €

8.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia (España) e a Eötvös Loránd Tudományegyetem (Hungría) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

4.000,00 €

22.3.2022