Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2022 Páx. 48881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 22 de agosto de 2022 polo que se somete a información pública a aprobación inicial da modificación puntual número 2 do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 54 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, sométese a información pública, durante o prazo de dous meses contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns oficiais da provincia da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, a aprobación inicial da modificación puntual nº 2 do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación no Portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia e na páxina web do IGVS (https://igvs.xunta.gal/areas/solo-empresarial/plans-e-proxectos-de-parques-empresariais) e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo