Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a denegación da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-2022/00303.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a denegación da súa solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente encóntrase á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalo na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 30 de agosto de 2022

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

AC-2022/00303

32975752P

AAH461254