Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 2 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II, no concello de Vigo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio comunícaselles a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II, que se realizarán na Casa do Concello de Vigo, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 2 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/199-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II.

Concello: Vigo.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

54057A151000890000BZ

Cepos

Hdros. de José Lino Fernández Alonso

3 de novembro de 2022

12.00

3

54057A150000410000BR

Sistro

Descoñecida

3 de novembro de 2022

12.00