Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48709

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Burela

ANUNCIO da aprobación inicial dun proxecto de expropiación.

Mediante o Acordo do Pleno corporativo do Concello de Burela, que tivo lugar o 4 de agosto de 2022, aprobouse inicialmente o proxecto de expropiación de solo dotacional e que integran os seguintes bens:

Ben

Referencia catastral

Superficie afectada (m²)

Superficie para expropiar (m²)

Tipo de afección

1

2647102PJ3324N0001GR 2647102PJ3324N0000FE

4.908,00

4.854,00

Parcial

Total

4.908,00

4.854,00

O proxecto de expropiación foi redactado pola arquitecta técnica municipal con data maio de 2022 e é comprensivo dos criterios de valoración, así como das correspondentes follas de valoración.

De conformidade cos artigos 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 201 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello http://burela.sedelectronica.es

O presente anuncio serviralles de notificación aos interesados, no caso de que non poida efectuarse a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Burela, 7 de setembro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto de Alcaldía 2022-0679)
Ramiro Fernández Rey
Primeiro tenente de alcalde