Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48770

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal MP07, creación de solo dotacional en San Fins de Sales.

Unha vez aprobado inicialmente, por Acordo do Pleno da corporación do 27.7.2022, o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal deste concello, denominada MP07 modificación do solo de núcleo rural para a creación de solo dotacional en San Fins de Sales (expediente municipal 2021/U032/000001).

De conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese á información pública polo prazo de dous meses mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o mencionado prazo, que empezará a contar desde a publicación deste anuncio no DOG, o expediente tramitado poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen, de ser o caso, as alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

Vedra, 25 de agosto de 2022

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde presidente