Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforzo LMTA GON805 de derivación aos CC.TT. A Lama e Camos II, que se realizarán na casa do concello de Nigrán, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 31 de agosto de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2020/001-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: reforzo LMTA GON805 de derivación aos CC.TT. A Lama e Camos II.
Concello: Nigrán.
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
1 |
54035A032001300000HO |
O Castelo |
Descoñecida |
8 de novembro de 2022 |
12.00 |
3 |
54035A032001330000HD |
O Castelo |
Descoñecida |
8 de novembro de 2022 |
12.00 |
5 |
54035A032002600000HK |
Lama |
Descoñecida |
8 de novembro de 2022 |
12.00 |