Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2022 Páx. 48602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 1 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia en relación cos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reordenación TIB810 e cambio CTI A Porriña a CTC, no concello de Barro.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio comunícaselles a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reordenación TIB810 e cambio CTI A Porriña a CTC que se realizarán na casa do Concello de Barro, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 1 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/186-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reordenación TIB810 e cambio CTI A Porriña a CTC.

Concello: Barro.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36002A203000900000AF

Braña

Descoñecida

13 de outubro de 2022

12.00

2

36002A325000800000BU

A Balada

Descoñecida

13 de outubro de 2022

12.00