Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2022 Páx. 48630

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de nova información pública previa á aprobación provisional da modificación puntual do título III do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), regulación de usos.

O Pleno da corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 12 de setembro de 2022, adoptou o seguinte acordo:

De conformidade co disposto no artigo 60.12 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, abriuse un novo trámite de información pública, polo prazo máximo de dous meses, sobre os cambios incorporados ao documento reformado da modificación do título III do PXOM, regulación de usos, elaborado pola Sección de Planeamento en setembro de 2022.

Con carácter previo á aprobación provisional do documento reformado, ábrese un novo trámite de participación pública sobre os cambios propostos, que supoñen a reforma do documento aprobado inicialmente o 12 de marzo de 2021 e que figuran relacionados no informe técnico que se xunta ao expediente.

Durante o prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión, as persoas interesadas poderán consultar o expediente e formular as alegacións que consideren oportunas sobre as reformas introducidas respecto da modificación inicialmente aprobada.

A suspensión de licenzas e actos de comunicación previa, derivada do acordo de aprobación inicial adoptado o 12 de marzo de 2021, publicado no Diario Oficial de Galicia do 16 de marzo de 2021, mantén os seus efectos ata o día 13 de marzo de 2023 ou, de ser o caso, ata a aprobación definitiva e entrada en vigor da modificación puntual.

A documentación atópase ao dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, en horario das 9.00 a 14.00 horas; así mesmo, poderá consultarse na páxina web do concello

https://transparencia.santiagodecompostela.gal/Modificacion-puntual-do-titulo-III-do-PXOM.-Regulacion-de-usos/gl

As alegacións poderán presentarse na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela, na epígrafe Catálogo de trámites, a través do trámite de presentación de documentación e alegacións e da opción de achega libre. Deberase introducir o dato 2022/40171K no campo do código do expediente e incorporar o documento das alegacións.

Tamén se poderán presentar as alegacións por calquera dos outros medios relacionados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2022

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica