Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2022 Páx. 48577

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2022 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética.

O plan de estudos do título de máster universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética pola Universidade da Coruña foi publicado pola Resolución do 22 de novembro de 2011 no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 19 de decembro, unha vez establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010, publicado mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 22 de novembro de 2010 no BOE do 16 de decembro.

A Universidade da Coruña presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos do máster universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) o día 10 de xuño de 2021.

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, dispón no artigo 28 o procedemento para a modificación de plans de estudo conducentes á obtención de títulos xa verificados.

Polo exposto,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética pola Universidade da Coruña coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo e con efectos desde o curso académico 2021/22.

A Coruña, 6 de setembro de 2022

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4311058.

Plan de estudos que se inicia no curso 2021/22.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: ciencias.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB) ……..….……………...…

Optativas (OP) …..……….…………………

Traballo fin de máster (TFM) …….……...…

Total ………………………………………….

27

21

12

60

3. Contido do plan de estudos

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Técnicas Moleculares, Celulares e Xenéticas

Técnicas Celulares

OB

6

Técnicas Moleculares

OB

6

Avances en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética

Bioloxía Celular Avanzada

OB

3

Sinalización Celular

OB

3

Mecanismos de Xeración da Variación Xenética

OB

3

Regulación da Expresión Xénica

OB

3

Emprendemento e Autoemprego

Emprendemento e Autoemprego

OB

3

Optativas

Neurobioloxía

OP

3

Inmunoloxía

OP

3

Células Nai e Terapia Celular

OP

3

Microbioloxía Molecular

OP

3

Dinámica e Estrutura de Proteínas

OP

3

Proteínas Recombinantes e Enxeñaría de Proteínas

OP

3

Proteómica

OP

3

Xenómica

OP

3

Cromosomas: Estrutura, Función e Evolución

OP

3

Xenética Humana

OP

3

Toxicoloxía Xenética

OP

3

Mecanismos Moleculares da Interacción Planta-Patóxeno

OP

3

Biotecnoloxía en Plantas

OP

3

Bioinformática e Modelado de Biomoléculas

OP

3

Prácticas externas optativas

OP

6

Traballo fin de máster

Traballo fin de máster

TFM

12

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral, a excepción das prácticas externas e o traballo fin de máster que son anuais, e no curso existe un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre, tendo en conta que as materias anuais teñen unha distribución de créditos que así o permite.

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética pola Universidade da Coruña.