A Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 23 de maio de 2022, pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22 (DOG núm. 102, do 30 de maio), establece no seu artigo 13 que para elaborar, supervisar e avaliar a proba, a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional designará un tribunal composto por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de educación.
A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional viuse afectada pola reestruturación establecida no artigo 6 do Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 101, do 27 de maio).
O Decreto 119/2022, do 23 de xuño, (DOG núm. 126, do 4 de xullo), establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
De conformidade co establecido no citado artigo 13 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 23 de maio de 2022, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Designar presidente titular do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar a proba para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22 e facer pública a súa designación, que é a que figura no anexo desta resolución.
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2022
Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa
ANEXO
Tribunal
Titular:
Presidente: Manuel Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.