Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2022 Páx. 48617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a imposición da primeira multa coercitiva en relación co expediente sancionador MON-LU-0045/2018-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación sen que puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte a publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, de 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 22 de agosto de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-0045/2018-V.

NIF interesado/a: 76528549M.

Acto notificado: imposición da primeira multa coercitiva.