Mediante a Resolución do 22 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foron concedidas as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unhas instalacións eléctricas no concello de Beariz (expediente IN407A 2022/25-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que se relacionan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 25 de agosto de 2022
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con domicilio ignorado
ou non notificados
Número de expediente: IN407A 2022/25-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación LMTA ALB801, apoios 111, 112 e 113.
Termo municipal: Beariz.
– Predio número en proxecto: 1.
Lugar: Braña.
Cultivo: monte baixo.
Titular: descoñecido.
Afección: ocupación de 2 m² para o apoio número 111.
– Predio número en proxecto: 2.
Lugar: P. Caldei.
Cultivo: prado.
Titular: descoñecido.
Afección: ocupación de 10 m² para o apoio número 112.