Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2022 Páx. 48455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de liña de alta tensión a 66 kV de evacuación do parque eólico Outes, nos concellos de Negreira, Noia e Outes (A Coruña) (expediente 2020/0232).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 30 de agosto de 2022, do proxecto de liña de alta tensión a 66 kV de evacuación do parque eólico Outes, nos concellos de Negreira, Noia e Outes (A Coruña), promovido por Norvento, S.L.U.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa) e da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático