Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2022 Páx. 48461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador SAN-PO-0040-2022-IA e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro) do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Mª Victoria Moreno, número 43, edificio administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o días seguinte.

Pontevedra, 22 de agosto de 2022

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Denunciado

Acto de notificación

SAN-PO-0040/2022-IA

76822652F

Acordo de incoación

SAN-PO-0042/2022-IA

35321273N

Acordo de incoación

INC-PO-0032/2022-VNA

77462938L

Proposta de resolución