Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2022 Páx. 48328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 30 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20220059EA-LU por infracción en materia sanitaria.

O día 27 de xullo de 2022, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20220059AE-LU, incoado á persoa que se sinala no anexo.

Intentouse notificar este acordo segundo o disposto no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da devandita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido do referido acordo que figura como anexo.

Así mesmo, de acordo co disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, ten dereito a presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio. Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo 9 de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, se non efectúa alegacións no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución, consonte o establecido no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 30 de agosto de 2022

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 20220059AE-LU.

DNI da persoa interesada: 33999618Y.

Último enderezo coñecido: avenida de Galicia 26-2º A, 27700 Ribadeo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 42.bis.d) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 8/2021.

Tipificación provisional: unha infracción grave.

Sanción proposta: tres mil un euros (3.001 €).