Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2022 Páx. 48233

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

DECRETO 152/2022, do 8 de setembro, polo que se nomea directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria a Sofía López Linares.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Sanidade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de setembro de dous mil vinte e dous,

NOMEO directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria a Sofía López Linares.

Santiago de Compostela, oito de setembro de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade