Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48174

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de información pública sobre a negociación e subscrición do convenio urbanístico entre este concello e os promotores para a fixación das novas determinacións do Plan parcial do sector SUD-10.

Tras a negociación e subscrición, con data do 12 de agosto de 2022, do convenio urbanístico entre o Concello de Oleiros e os promotores para a fixación das novas determinacións do Plan parcial do sector SUD-10, e en cumprimento do disposto no artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o convenio urbanístico e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas na seguinte ligazón:

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/c-interior-seguridade-m-ambiente-facenda-urbanismo/urbanismo/tramites-de-informacion-publica

Tamén se poderá consultar fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 9.00 ás 13.00 horas.

Oleiros, 12 de agosto de 2022

Ángel García Seoane
Alcalde