Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48082

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 24 de agosto de 2022 de concesión das subvencións presentadas ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2022, pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS508C).

No Diario Oficial de Galicia núm. 101, do 27 de maio de 2022, publícase a Orde do 11 de maio de 2022, da Consellería de Política Social e Xuventude, pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado sénior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (procedemento BS508C).

De conformidade co artigo 14 da antedita orde, a resolución do procedemento de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

Así mesmo, o artigo 15 da mesma orde establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da resolución de concesión do 24 de agosto de 2022, para o procedemento BS508C, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado sénior para o ano 2022.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 24 de agosto de 2022 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2022

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 24 de agosto de 2022 ditada no procedemento BS508C de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado sénior

Vista a proposta de resolución do Servizo de Voluntariado e Participación, de conformidade co disposto nos artigos 12 e 14 da Orde do 11 de maio de 2022 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado sénior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a axuda ás entidades locais propostas no anexo I, ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2022 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado sénior.

Esta concesión resulta da aplicación dos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 27.920,00 para entidades locais, con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.312F.460.0.

Segundo. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas no anexo II, ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2022 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado sénior.

Esta concesión resulta da aplicación dos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 53.780,00 €, para entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.312F.481.0.

Da contía prevista para entidades locais resérvase un 15 % para as solicitudes presentadas conxuntamente.

Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 11 de maio de 2022 e, especialmente, ás establecidas no artigo 20.

A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 17 da convocatoria.

Así mesmo, o pagamento das axudas realizarase de acordo co previsto no artigo 19 da mesma convocatoria.

Cuarto. Denegar e/ou inadmitir as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa concreta que motivou a denegación ou inadmisión.

Quinto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2022. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Artigo 14 e disposición adicional segunda da Orde do 11.5.21022). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Axudas concedidas a entidades locais

Concesións conxuntas:

Nº expte.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2022/025

Concello de Monterrei

P3205100E

Ourense

63,00

6.000,00 €

Concesións individuais:

Nº expte.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2022/010

Concello de Padrón

P1506600D

A Coruña

63,50

1.400,00 €

2

2022/012

Concello da Laracha

P1504200E

A Coruña

62,75

2.400,00 €

3

2022/006

Concello de Lousame

P1504300C

A Coruña

56,50

1.500,00 €

4

2022/036

Concello de Vedra

P1509000D

A Coruña

55,50

2.400,00 €

5

2022/011

Concello de Ponteceso

P1506900H

A Coruña

50,00

600,00 €

6

2022/019

Concello de Mondoñedo

P2703000F

Lugo

50,50

1.620,00 €

7

2022/023

Concello de Ramirás

P3206900G

Ourense

50,00

2.400,00 €

8

2022/033

Concello de Verín

P3208600A

Ourense

50,00

2.400,00 €

9

2022/040

Concello da Veiga

P3208400F

Ourense

50,00

2.400,00 €

10

2022/018

Concello de Lalín

P3602400H

Pontevedra

52,50

2.400,00 €

11

2022/034

Concello de Mos

P3603300I

Pontevedra

51,75

2.400,00 €

Total

21.920,00 €

ANEXO II

Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria

Concesións individuais:

Nº expte.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2022/045

ONGD Senvalos

G70610282

A Coruña

63,75

600,00 €

2

2022/028

Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental

G15983570

A Coruña

60,50

2.400,00 €

3

2022/035

ONG Mestura, para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes

G15940414

A Coruña

60,00

2.400,00 €

4

2022/042

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

A Coruña

53,50

2.240,00 €

5

2022/002

Asociación Medioambiental Amabul

G15925209

A Coruña

52,50

2.400,00 €

6

2022/020

Acción Familiar Ferrol

G15745466

A Coruña

51,75

2.250,00 €

7

2022/004

Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia, Amicos

G15747678

A Coruña

51,00

2.400,00 €

8

2022/026

Asociación Socio Cultural ASCM

G15161573

A Coruña

50,75

2.400,00 €

9

2022/015

Asociación Protectora de Animales San Francisco de Asís

G15655285

A Coruña

50,00

2.400,00 €

10

2022/022

Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer, Agadea

G15483498

A Coruña

50,00

2.400,00 €

11

2022/003

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada

G27320225

Lugo

51,00

2.400,00 €

12

2022/021

Asociación Aliad-Ultreia

G27021120

Lugo

51,00

900,00 €

13

2022/031

Valoresc Innovation

G70377585

Ourense

65,50

2.400,00 €

14

2022/007

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, Afaor

G32198970

Ourense

58,50

2.400,00 €

15

2022/008

Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca de A Limia

G32302671

Ourense

52,00

2.400,00 €

16

2022/017

Asociación Orensana de Esclerosis Múltiple, Párkinson y Enfermedades Raras, Aodemper

G32209983

Ourense

50,50

90,00 €

17

2022/001

Asociación Xuvenil Amencer

G32025405

Ourense

50,00

2.400,00 €

18

2022/014

Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mezquita

G32167900

Ourense

50,00

2.400,00 €

19

2022/032

Asociación Esgaia Inserta

G16918641

Ourense

50,00

2.400,00 €

20

2022/016

Asociación Acción Solidaria de Galicia, Asdegal

G27727593

Pontevedra

60,25

2.400,00 €

21

2022/039

Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar

G36231561

Pontevedra

58,50

2.400,00 €

22

2022/038

Apamp, Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral

G36624120

Pontevedra

56,25

1.200,00 €

23

2022/013

Residencia Paz y Bien (Hermanas Franciscanas Hospitalarias de la Inmaculada Concepción)

R3600091G

Pontevedra

55,50

1.500,00 €

24

2022/041

Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual, Aceesca

G36021970

Pontevedra

54,00

300,00 €

25

2022/029

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

G27753268

Pontevedra

53,25

2.400,00 €

26

2022/005

Fundación Residencia Divina Pastora de Vilagarcía de Arousa

G36017929

Pontevedra

51,00

1.500,00 €

27

2022/043

Asociación Cultural O Castro

G36116879

Pontevedra

50,00

2.400,00 €

Total

53.780,00 €

ANEXO III

Solicitudes inadmitidas ou denegadas

Denegadas entidades locais:

Nº expte.

Entidade

NIF

Provincia

Causa de inadmisión ou denegación

1

2022/037

Concello da Baña

P1500700H

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

Denegadas entidades de acción voluntaria:

Nº expte.

Entidade

NIF

Provincia

Causa da inadmisión ou denegación

1

2022/030

Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, Ategal

G15496607

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

2

2022/027

Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional

G15052434

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

3

2022/044

Asociación Antonio Noche

G15210388

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

4

2022/009

Fundación Amigos de la Barrera

G32321978

Ourense

Non alcanzar a puntuación requirida

5

2022/024

Asociación Vodea

G27861061

Pontevedra

Desistencia