Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a disolución da Asociación Galega de Acústica (AGA).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que, na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral, acordouse depositar o acordo de disolución da Asociación Galega de Acústica (AGA) (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: empresarios dedicados ás actividades de medición, certificación e control dos niveis de ruído, proxectos de illamento e acondicionamento acústico e a todos aqueles dedicados a calquera dos aspectos relacionados coa acústica ambiental e arquitectónica.

– Asinantes: José Luis Mecías Rivas, Emilio Cal Crespo e Benito Calviño López.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais