Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2022 Páx. 47944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2022/054-1).

Expediente: IN407A 2022/054-1.

Promotora: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación da instalación: LMT, CT Gasolineira Golmar e reforma da RBT.

Concello: A Laracha.

Feitos:

1. O 18 de febreiro de 2022 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación eléctrica, co fin de mellorar as actuais caídas de tensión na rede de baixa tensión existente, como consecuencia do aumento da potencia punta de demanda. Proxéctase a mellora da rede de distribución en media e baixa tensión existente, coa desmontaxe dun treito da liña de media tensión aérea a CT Gasolineira Golmar (expediente 02/00) e instalación no seu lugar dun tramo de liña soterrado, a substitución do centro de transformación Gasolineira Golmar de intemperie de 100 kVA por un de tipo compacto prefabricado de potencia 250 kVA, a instalación de tres saídas de baixa tensión subterráneas desde o centro de transformación proxectado e a reforma dun treito da rede de baixa tensión existente do CT Gasolineira Golmar (expediente 02/00) para substituír.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

 Proxecto de execución denominado LMT, CT Gasolineira Golmar e reforma da RBT, asinado por Juan Jesús Arijón Lafuente, enxeñeiro técnico industrial, número de colexiado 2.608 da Coruña, o 10 de febreiro de 2022, con número de visado 384/22-CO, do 11 de febreiro de 2022.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro). En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante achegou declaración responsable en que fai constar que dispón de acordos previos con todas as persoas titulares dos bens e dereitos afectados.

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselle o preceptivo informe ao Concello da Laracha, a Augas de Galicia, á Deputación Provincial da Coruña e á Consellería do Medio Rural. Hidroeléctrica de Laracha, S.L. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se vai aplicar neste expediente é a que a seguir se relaciona:

A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As instalacións encóntranse nos lugares do Igrexario, As Brañas da Viña, A Viña e A Fonte do Canle, na parroquia de San Bieito de Golmar, no concello da Laracha, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 15 kV, de 29 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio número 9 proxectado, tipo C-12/2000, para intercalar na LMT ao CT Gasolineira Golmar (expediente 02/00) e remate no CTC proxectado. Desmontaxe dun treito da LMTA ao CT Gasolineira Golmar (expediente 02/00), en condutor nu de tipo LA-30, de 28 metros. Os condutores existentes nus de tipo LA-30 retensaranse sobre o apoio número 9 proxectado, que fará as funcións de final de liña. Neste apoio instalarase un seccionador de tipo SXS e pararraios autoválvulas de 18 kV/10 kA.

– CT Gasolineira Golmar compacto prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración 2L+1P. Desmontaxe do CTI existentente de 100 kVA sobre apoio de formigón.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude, coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren adecuado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 1 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña