Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2022 Páx. 47785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 1 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o recoñecemento da declaración da condición de mineral natural das augas procedentes da captación denominada S-8, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense.

A Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación fai público que o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, asinou o 28 de xullo de 2022 a resolución do recoñecemento da declaración da condición de mineral natural das augas procedentes da captación denominada S-8, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense, cos seguintes datos:

– Nome: S-8.

– Recurso: sección B) auga mineral natural.

– Termo municipal: Verín.

– Procedencia de extracción: nacional.

– Titular: Euroinversiones Aguas de Sousas, S.L.

– Situación: coordenadas UTM (ETRS 89) fuso 29: X: 632.227 e Y: 4.645.609.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento da alínea b) do artigo 3 do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano, no relativo a augas nacionais.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Ourense, 1 de agosto de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 116/2022, artigo 41.3)
José Rodríguez Paz
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas