Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2022 Páx. 47562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 10 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) en relación co proxecto da LAT 132 kV da subestación do parque eólico Restelo a subestación do parque eólico Monteiro, nos concellos de Baleira e Becerreá (Lugo) (expediente IN408A 2022/004).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Green Capital Power Restelo, S.L.U. NIF: B70567136.

Denominación do proxecto: proxecto de liña aérea de alta tensión en 132 kV da subestación do parque eólico Restelo a subestación parque eólico Monteiro, nos termos municipais de Baleira e Becerreá (Lugo).

Concellos afectados: Baleira e Becerreá (Lugo).

Orzamento de execución material: 609.672,50 €.

Antecedentes:

Primeiro. O 19 de abril de 2022 Greenalia Wind Power Restelo, S.L.U. presentou a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e aprobación do proxecto sectorial da liña aérea de alta tensión da subestación do parque eólico Restelo a subestación do parque eólico Monteiro.

Segundo. O 3 de xuño de 2021 Greenalia Wind Power Restelo, S.L.U. remite documentación modificada de acordo co requirimento realizado o 2 de xuño de 2021 desde a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Terceiro. O 27 de xuño de 2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remite o expediente a esta xefatura territorial para, conforme o exixido no artigo 33.6 da Lei 8/2009, continuar coa súa tramitación ata completalo e remitirllo ao mencionado centro directivo, tal y como se indica no artigo 33.16 da Lei 8/2009.

Características técnicas das instalacións:

A liña e instalacións discorrerán polos termos municipais de Baleira e Becerreá, na provincia de Lugo, cun trazado que discorre desde a subestación do parque eólico Restelo ata a subestación do parque eólico Monteiro.

1. Liña de evacuación da enerxía eléctrica xerada polo parque eólico Restelo, de 132 kV de tensión nominal, cunha lonxitude de 5.451,87 m e un trazado que discorre polos concellos de Baleira e Becerreá. Conta cun único tramo aéreo que parte do pórtico saída da SET do parque eólico Restelo e finaliza no pórtico de chegada da SET do parque eólico Monteiro. Configuración de simple circuíto con disposición de crucetas en triángulo, con condutores tipo LA-180 (147-AL1/34-ST1A) e cable de garda OPGW-130 ao longo de todo o trazado, sección total 181,6 mm2.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) das instalacións.

Documentación que se expón:

 O proxecto de execución (declaración responsable asinada con data do 2 de xuño de 2022).

 O estudo de impacto ambiental (EIA) (de maio de 2022).

 O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico, declaración responsable asinada con data do 2 de xuño de 2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas, en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial de Lugo, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal, ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 29 48 04, así como nos concellos de Baleira e Becerreá (Lugo).

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-xeracion/lat-restelo-monteiro

Lugo, 10 de agosto de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo