Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2022 Páx. 47617

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de comunicación da xestión da biomasa vexetal.

Ao non ser posible efectuarlles a notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar, mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento para que procedan á xestión da biomasa vexetal e á retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación na Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento, nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. de expediente

Referencia catastral

Situación

DNI do titular catastral

5335/2022

27067A03701782

Ponte Landrove, polígono 37, parcela 1782, Viveiro (Lugo)

En investigación

Viveiro, 27 de xullo de 2022

María Loureiro García
Alcaldesa