Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2022 Páx. 47349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2020/180-1).

Expediente-e: IN407A 2020/180-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: LMT, CT e RBT Nouche (Ordes).

Concello: Ordes.

Feitos:

1. O día 18.11.2020, Ana María Salgado López, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT Nouche. Coa finalidade de mellorar a calidade de subministración eléctrica aos clientes do lugar de Nouche, na parroquia de Santa María de Beán, concello de Ordes, proxéctase un novo centro de transformación de intemperie de 100 kVA e a liña de media tensión aérea que o alimentará desde a liña de distribución de media tensión SIG802 (expediente 10.087).

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 3 de maio de 2022.

– DOG: 25 de maio de 2022.

– BOP: 9 de maio de 2022.

– Xornal La Voz de Galicia: 19 de maio de 2022.

– Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal do 10 de maio de 2022.

3. Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

I. Proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT Nouche, asinado por Pedro Tizón Barro, enxeñeiro técnico industrial, nº colexiado 3270 da Coruña, o 7.10.2019 con nº de visado 3223/19-CO do 15.10.2019.

II. Informe, asinado por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial, nº colexiado 2980 de Vigo, o 16.7.2021.

4. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidese afectar bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Ordes, AESA e Medio Rural.

UFD Distribución Electricidad, S.A. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

5. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública foron presentadas as seguintes alegacións, das cales se deu traslado a UFD Distribución Electricidad, S.A.

María Isabel Méndez Garaboa, mediante escrito recibido o 18.5.2022 indica que existe un erro na relación de ben e dereitos afectados (RBDA) publicada, posto que a parcela 508/391 é da súa propiedade.

O promotor atende as alegacións e modifica a titularidade do predio.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións atópanse no lugar de Nouche, no concello de Ordes e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTA a 20 kV, de 920 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 49-41-8 da LMT SIG802 (expediente 10.087) e remate no CTI proxectado.

– CT de intemperie no lugar de Nouche, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

b) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 3 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña