Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 2 de setembro de 2022 Páx. 47190

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trabada

ANUNCIO do 5 de agosto de 2022 de notificación da orde de execución de xestión da biomasa (expediente 125/2022).

Conforme o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e logo de intentar practicar sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración, notifícase mediante este anuncio no Diario Oficial de Galicia, informando que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Trabada e, igualmente, poderá acceder a ela a través da sede electrónica.

Tendo en conta o artigo 22.4 de la Lei 3/2007, do 9 de abril, que habilita o Concello de Trabada, como Administración competente, para proceder á execución subsidiaria no caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, repercutindo os custos ás persoas responsables, deberanse facilitar os accesos necesarios.

Acto que se notifica: orde de execución (expediente 125/2022).

Persoas interesadas: herdeiros de Francisco Rodríguez Martínez.

Ref. catastrais: 27061M003000470000KG e C00500500PJ51C0001KB.

Prazo: 15 días naturais.

Trabada, 5 de agosto de 2022

Mayra García Bermúdez
Alcaldesa