Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 1 de setembro de 2022 Páx. 46770

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para investimentos en ecoinnovación e dixitalización da industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas na madeira, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento IN500C e IN500D).

A Axencia Galega da Industria Forestal, entidade adscrita á Consellería do Medio Rural da Comunidade Autónoma de Galicia, configúrase como un organismo público que ten como eixe principal levar a cabo as actuacións precisas para impulsar a actividade económica asociada á industria forestal galega.

Nos termos recollidos no artigo 2 dos estatutos da Axencia Galega da Industria Forestal, aprobados polo Decreto 81/2017, do 3 de agosto, polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos, defínense como obxectivos principais da Axencia, tanto incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente como mellorar a competitividade e a innovación das empresas do sector forestal-madeira.

Así mesmo, no artigo 8 dos seus estatutos, configúranse como competencias e funcións da Axencia, outorgar e xestionar subvencións nas materias da súa competencia, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como deseñar estratexias e elaborar e xestionar programas de captación de fondos estatais e internacionais dirixidos á innovación e á biotecnoloxía forestal-madeira.

A situación xerada pola evolución da COVID-19, obrigou as autoridades públicas a xestionar a crise sanitaria establecendo medidas para protexer a saúde e a seguridade, e estas medidas comportaron a maior crise económica coñecida. O sector da industria forestal-madeira sufriu o correspondente impacto económico e social. Ante esta situación, a Xunta de Galicia quere impulsar un plan de axudas para incentivar a mellora da industria forestal-madeira co fin de consolidar a produción de bioprodutos de orixe forestal e preparar unha industria moderna, competitiva e capaz de dar resposta aos retos tecnolóxicos actuais.

Esta resolución ten como obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións á industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas en madeira e para os procesos de dixitalización da industria forestal-madeira.

Estas subvencións financiaranse con cargo aos créditos orzamentarios da Axencia Galega da Industria Forestal asignados para esta finalidade, conforme o establecido na Axenda de impulso da industria forestal-madeira e tendo en conta o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Con este fin, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 recóllese un crédito de 2.500.000 euros, co cal se financian os importes das axudas que se establecen nesta convocatoria.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

1. Convocatoria e bases reguladoras.

1º. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Galega da Industria Forestal, en réxime de concorrencia non competitiva, á industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas na madeira, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento IN500C e IN500D).

2º. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva e quedará suxeito ao Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

3º. As actuacións subvencionables con cargo a estas axudas están financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, polo que deberán cumprirse as obrigacións específicas e demais disposicións que se establecen respecto diso nestas bases reguladoras.

2. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 31 de outubro de 2022 ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso en que se produza con anterioridade a esa data.

3. Información ás persoas interesadas.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega da Industria Forestal, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega da Industria Forestal: http://xera.xunta.gal.

b) Páxina web https://sede.xunta.gal/portada e introducindo no buscador o código de procedemento.

c) O teléfono 881 99 54 78.

d) Correo electrónico: xera.cmr@xunta.gal

4. Período de execución dos proxectos.

O período de execución dos proxectos elixibles denomínase período de execución do proxecto e abarcará desde o 1 de xaneiro de 2021 ata a data máxima de xustificación establecida na convocatoria, quedando excluídos os proxectos xa finalizados na data de presentación da solicitude, que non se considerarán subvencionables.

5. Prazo de xustificación.

1º. O prazo máximo para presentar a xustificación das actividades subvencionadas finalizará o 30 de novembro de 2022 para a primeira anualidade, e para a segunda o 31 de maio de 2023. Así mesmo, logo de solicitude motivada da persoa beneficiaria e sempre que sexa autorizada polo órgano que ditou a resolución de concesión, as cantidades non xustificadas na anualidade 2022 poderanse computar e xustificar na anualidade 2023, sempre e cando non fosen susceptibles de perda de dereito do seu cobramento.

2º. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo de xustificación e de execución establecido, que non exceda a metade deste, sempre que as circunstancias o aconsellen e non se prexudiquen dereitos de terceiros. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, un (1) mes antes de que remate o prazo de xustificación. Tanto a petición dos interesados como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de xustificación.

6. Financiamento.

1º. As subvencións obxecto desta resolución serán financiadas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia cun crédito total de 2.500.000 €, que se distribuirá entre as anualidades 2022 e 2023 de acordo co seguinte detalle:

Concepto

Aplicación

Proxecto

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Importe total

REACT Ecoinnovación forestal

06.A4.741A.770.0

2021 00006

450.000 €

650.000 €

1.100.000 €

06.A4.741A.780.1

50.000 €

100.000 €

150.000 €

REACT Rastrexabilidade dixital

06.A4.741A.771.0

2021 00007

450.000 €

650.000 €

1.100.000 €

06.A4.741A.781.0

50.000 €

100.000 €

150.000 €

Total

1.000.000 €

1.500.000 €

2.500.000 €

Todo isto sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o que poderá dar lugar á posibilidade de atender novas solicitudes.

Nestes casos o órgano concedente deberá publicar a ampliación do crédito a través dos mesmos medios en que publicou a convocatoria, sen que esta publicación implique unha apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo dos prazos para resolver.

Esta distribución do crédito poderá ser modificada conforme evolucione o desenvolvemento da tramitación, sempre sen incrementar o crédito total.

2º. Estas axudas están financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020:

Eixe prioritario: EP20 «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía».

Obxectivo temático: OT13. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

Obxectivos específicos:

• OE 20.1.2-OE REACT-UE 2. Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía dixital. Actuación 20.1.2.10: apoio á dixitalización de pequenas e medianas empresas no sector forestal.

• OE 20.1.4-OE REACT UE 4. Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde. Actuación 20.1.4.2: impulso á innovación no sector forestal:

Así mesmo, os indicadores de produtividade son:

• CO01-Número de empresas que reciben axudas (empresas).

• CO02-Número de empresas que reciben subvencións (empresas).

• CO05-Número de novas empresas beneficiarias da axuda (empresas).

7. Compatibilidade das axudas.

1º. Ao estar este réxime de subvencións suxeito ao Regulamento (UE) 1407/2013 relativo ás axudas de minimis, deberase garantir que, no caso de recibir as persoas beneficiarias outras subvencións baixo este réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais. Este límite aplicarase independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido. O período determinarase tomando como referencia os dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal en curso, de acordo co establecido no artigo 3 do citado regulamento.

2º. As subvencións reguladas nestas bases serán incompatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o mesmo proxecto ou finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal ou de organismos internacionais.

8. Réxime de recursos.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o presidente da Axencia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

9. Base de datos nacional de subvencións.

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

10. Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2022

Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para investimentos en ecoinnovación e dixitalización
da industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas na madeira, financiadas ao 100 % no marco
do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020
(códigos de procedemento IN500C e IN500D)

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír a fomentar a modernización e a dixitalización do sector forestal-madeira e impulsar o ecodeseño e a economía circular.

Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que cumpran cos requisitos recollidos no artigo 5 e que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de maio de 2023.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas:

1.1. Para a liña 1-Ecoinnovación (código de procedemento IN500C):

a) Pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) da industria forestal-madeira radicadas en Galicia que realicen aproveitamentos forestais ou que utilicen a madeira, a resina, a cortiza e os seus derivados ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos alimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos.

b) Pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) radicadas en Galicia que implementen ou desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas en madeira.

c) Organismos intermedios: organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia que, de forma habitual, presten servizos de apoio á innovación e á modernización ás pemes e que dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos, que desenvolvan a súa actividade principal en Galicia.

1.1.2. As empresas poderán presentarse de forma individual ou agrupadas.

1.1.3. Os proxectos de agrupacións (presentados por organismos intermedios ou por unha agrupación de empresas) deberán contar cun mínimo de 3 pemes.

1.1.4. No caso de solicitudes presentadas por organismos intermedios ou por unha agrupación de empresas, todas as persoas solicitantes quedan obrigadas solidariamente ao cumprimento dos deberes que deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

1.1.5. Ademais, no caso de proxectos de agrupacións, deberán facer constar os compromisos de execución asumidos por cada unha das persoas solicitantes, así como o importe da subvención que se aplicará por cada unha delas, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poder suficiente para cumprir os deberes que, como beneficiaria, corresponden á agrupación, e coa cal a Administración efectuará as actuacións no marco do procedemento administrativo.

1.2. Para a liña 2-Dixitalización (código de procedemento IN500D):

a) Pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) da industria forestal-madeira radicadas en Galicia que realicen aproveitamentos forestais ou que utilicen a madeira, a resina, a cortiza e os seus derivados ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos alimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos.

Para alcanzar a condición de beneficiarias, deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, ou dadas de alta nalgún código CNAE ou dispoñer de calquera outro medio válido en dereito que acredite a realización de actividades obxecto de subvención antes da presentación da solicitude.

b) Asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, públicas ou privadas, que teñan base asociativa e sexan representativas ou estean relacionadas coa cadea de valor da industria forestal-madeira e que desenvolvan a súa actividade en Galicia.

2. Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de pequena empresa).

A Axencia Galega da Industria Forestal fará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme.

3. Para efectos das axudas de minimis, conforme a normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento.

En todo caso, a persoa solicitante das axudas deberá acreditar que exerce actividade económica, para os efectos do previsto no parágrafo anterior.

4. Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse antes da presentación da solicitude de axudas.

5. Empresas que teñan un centro de traballo radicado en Galicia

6. Non poderán obter a condición de beneficiarias:

a) Aquelas persoas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

b) Aquelas persoas que fosen sancionadas con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de subvencións pola Axencia Galega da Industria Forestal nos últimos 2 anos.

Artigo 3. Actuacións obxecto de apoio e gasto mínimo subvencionable

1. Ao abeiro destas bases reguladoras, as convocatorias anuais recollerán as seguintes liñas de apoio:

1.1. Liña 1-Ecoinnovación (código de procedemento IN500C): dirixida a apoiar proxectos vinculados ao ámbito de traballo das empresas beneficiarias especificadas no artigo 2.1.1, que comprendan polo menos algunha das seguintes actuacións:

a) Ecodeseñar produtos ou materiais que utilicen a madeira como materia prima, para conseguir desenvolvementos técnicos ou prototipos que melloren a pegada ambiental ao longo do ciclo de vida, respecto a outras alternativas ou modelos anteriores. As actuacións de ecodeseño previstas poderán referirse a unha ou varias das seguintes áreas:

i. Deseño máis eficiente do produto, que permita reducir o uso de materiais.

ii. Incorporación de materiais con menor impacto ambiental.

iii. Aumento da vida útil do produto desde o punto de vista técnico.

iv. Aplicación de novos tratamentos industriais da madeira libres de substancias contaminantes (utilización de vernices con baixo contido en COV, utilización de colas alternativas PVAc…).

v. Optimización do deseño para facilitar o desmonte ao final da vida útil do produto, facilitando a identificación e separación dos distintos materiais que o compoñen.

vi. Procesos de certificación da integración da variable ambiental no deseño, exclusivamente para os produtos ecodeseñados no contexto desta convocatoria. Por exemplo:

– Impacto ambiental na produción dos produtos feitos con madeira, de acordo coa norma ISO 14006 Xestión ambiental-Directrices para a incorporación do Ecodeseño.

– Etiquetaxe ecolóxica (ecoetiquetas), de acordo coa norma UNE-EN ISO 14020 Etiquetas ecolóxicas e declaracións ambientais. Principios xerais.

– Certificación da cadea de custodia (FSC-Forest Stewardship Council, PEFC-Certificación forestal paneuropea).

b) Implantar solucións de economía circular, encamiñadas a previr o malgasto e recuperar o máximo valor dos materiais nos procesos propios das persoas beneficiarias definidas no artigo 2. As actuacións previstas poderán referirse a unha ou varias das seguintes áreas:

i. Creación de novos modelos de negocio orientados á servitización dos produtos feitos en madeira ou produtos derivados.

ii. Optimización do consumo de recursos, a través da aplicación de mellores técnicas de produción ou a redución das etapas do proceso de fabricación dos produtos feitos en madeira.

iii. Desenvolvemento e implementación de procesos de posvenda, orientados a ofrecer servizos de mantemento, reparación e repostos por un período de tempo prolongado.

iv. Incorporación de procesos de recuperación e revalorización de produtos e subprodutos de madeira (produción de biomasa, compostaxe, novos produtos, etc.).

v. Mellora da eficiencia nos procesos de distribución, a través da redución do volume e peso das embalaxes, uso de transportes máis eficientes ou o uso de envases e embalaxes reutilizables.

Quedan excluídas as actuacións referidas a eficiencia enerxética.

c) Introducir ferramentas para a análise dos aspectos ambientais que permitan á empresa identificar e, nalgúns casos, cuantificar os impactos ambientais asociados ás distintas fases do ciclo de vida en procesos produtivos vinculados coa madeira. As ferramentas previstas poderán incluír as seguintes:

i. Lista de comprobación (checklist).

ii. Valoración estratéxica ambiental (Vea).

iii. Input material por unidade de servizo (MIPS).

iv. Matriz de materiais, enerxía e emisións tóxicas (MET).

v. Ecoindicadores.

vi. Análise do ciclo de vida (ACV).

1.2. Liña 2-Dixitalización (código de procedemento IN500D): dirixida a apoiar proxectos de dixitalización das persoas beneficiarias recollidas no artigo 2.1.2, vinculados aos procesos que utilicen madeira ou os seus derivados e que comprendan polo menos algunha das seguintes actuacións:

a) Implantar sistemas de dixitalización, xa sexa dalgún proceso concreto (por exemplo, interacción coa Administración pública ou proceso de fabricación) ou de xestión integral (ERP, CRM e similares), especificamente deseñados, desenvoltos ou adaptados a un proceso concreto dentro do seu ámbito de actividade.

b) Poñer en marcha sistemas para a xestión do ciclo de vida de produtos feitos en madeira. Solucións tales como PDM, PLM ou DMF que recollan a información do produto desde a concepción deste ata a súa eliminación ou posta á venda, incluíndo o deseño e fabricación.

c) Implantar sistemas para o control e/ou mellora dos procesos produtivos, por exemplo sistemas de captura de datos, automatización, supervisión remota, sensórica e/ou mantemento preventivo.

d) Dixitalizar procesos que poidan levar asociada a impresión 3D ou fabricación aditiva de produtos feitos con madeira no proceso produtivo da empresa.

e) Despregar sistemas de planificación, control dos recursos empresariais e/ou loxística, tanto interna como externa.

f) Automatizar e/ou sensorizar produtos ou servizos para o seu control e rastrexabilidade.

g) Implementar sistemas de interconexión de elementos físicos e virtuais, procesamento de datos capturados (big data) e ciberseguridade.

h) Desenvolver e poñer en marcha sistemas de analítica avanzada, intelixencia artificial, aprendizaxe automática e/ou toma de decisións autónoma (intelixencia empresarial) en relación coa industria das empresas beneficiarias.

i) Desenvolver ou adoptar unha interface dixital para as interaccións comerciais cos clientes ou provedores da industria forestal-madeira.

j) Implantar e/ou desenvolver sistemas de integración da cadea de valor, tanto a nivel organizativo en sentido horizontal como a nivel de colaboración en sentido vertical.

2. O gasto mínimo subvencionable para as dúas liñas de axudas será de 7.000 euros.

Artigo 4. Condicións do proxecto

1. O obxectivo do proxecto deberá estar aliñado cunha das liñas de apoio definidas no artigo 3.

2. Para que os proxectos teñan a consideración de elixibles, deberán realizarse no período establecido na resolución da convocatoria e estar implementados e en uso por parte da persoa beneficiaria ao final deste período.

3. O proxecto deberá incluír unha memoria onde se recollan as melloras esperadas coa súa implementación. Estas melloras ou beneficios significativos para a empresa e/ou o seu ecosistema poderán ser de tipo económico, ambiental e/ou social.

4. A realización do proxecto implicará, como mínimo, unha mellora ou beneficio significativo para a empresa e/ou o seu ecosistema, que poderá ser de tipo económico, ambiental e/ou social.

5. O proxecto deberá cumprir co gasto mínimo subvencionable especificado no artigo 3.2.

6. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos elixibles poderá superar o valor de mercado. Para verificar este asunto, poderanse realizar comprobacións adicionais sobre o valor de mercado dos bens ou servizos imputados ao proxecto por calquera dos medios previstos no artigo 30.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

7. Para todas as liñas, as actuacións descritas no artigo 3 deberán executarse dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Considéranse subvencionables os seguintes gastos, sempre que cumpran os requisitos sinalados a continuación:

a) Proxectos e gastos que cumpran os requisitos establecidos pola Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproba a normativa sobre gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, modificado pola Orde HAC/114/2021, do 5 de febreiro, que estean vinculados ao proxecto.

b) Aqueles que respondan de maneira indubidable á natureza da actividade subvencionada en cada liña, e que resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento da acción para a cal foron concedidos. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

c) Os gastos subvencionables deberán estar realizados e estar efectivamente pagados dentro do prazo de execución dos proxectos establecido na resolución da convocatoria. No caso dos bens e servizos subvencionados adquiridos a terceiros, os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos órganos directivos ou xestores, entendendo esta vinculación nos termos especificados no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere a contía de 15.000 euros, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou fornezan.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberán presentarse no momento da solicitude, deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando a elección non recaia na proposta economicamente máis vantaxosa.

e) As ofertas presentadas para cada gasto deberán estar asinadas electronicamente e cumprir os seguintes requisitos:

– Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a realización das actividades incluídas na oferta.

– Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

– Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados.

– Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

– A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia, de economía e ambientais, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a dita elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta economicamente máis vantaxosa. En caso contrario, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

f) Configúranse como conceptos de gastos subvencionables para cada unha das liñas de apoio os seguintes:

a) Liña 1-Ecoinnovación (código de procedemento IN500C): terán a consideración de custos subvencionables os seguintes conceptos, coa condición de que estean relacionados co desenvolvemento e execución do proxecto:

i. Custos de persoal técnico propio que traballe no proxecto: gastos do persoal propio dedicado de forma directa á realización da actividade subvencionada. O gasto subvencionable nesta actuación estará limitado a 20 €/hora e non poderá superar o 20 % do orzamento total do proxecto.

ii. Custos de colaboracións externas de carácter tecnolóxico ou organizativo: asistencia técnica, consultoría, ensaios e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto (diagnóstico, planificación ou definición dos servizos previstos). As colaboracións externas subvencionables non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normal da empresa como son servizos rutineiros de asesoría fiscal, servizos xurídicos ou de publicidade.

Nesta categoría queda excluída a adquisición de bens que teñan a consideración de inventariables.

iii. Custos asociados ás actuacións de formación necesarias para a posta en marcha das solucións adoptadas. Será subvencionable como máximo ata o 10 % do orzamento total do proxecto.

iv. Custos de materiais e subministracións, coa condición de que deriven directamente do desenvolvemento do proxecto. Será subvencionable como máximo ata o 50 % do orzamento total do proxecto.

v. Custos de adquisición de licenzas de software e/ou propiedade intelectual ou industrial, sempre que sexan de uso específico para o desenvolvemento das tarefas incluídas no proxecto e non de uso xeral. O gasto subvencionable estará limitado ao 25 % do orzamento total do proxecto.

vi. Custos de subscrición a software. Admitirase como gasto subvencionable o período de subscrición durante a vixencia da axuda. No caso de que o sistema de adquisición supere o prazo de execución da axuda, o período restante descontarase do gasto subvencionable pro rata.

vii. Custos asociados á obtención de certificacións da integración da variable ambiental no deseño, exclusivamente para os produtos ecodeseñados como parte do proxecto subvencionable.

viii. Custos de comunicación e márketing, coa condición de que estean asociados á imaxe nova do produto e este fose ecodeseñado no contexto desta convocatoria. O gasto subvencionable estará limitado ao 10 % do orzamento total do proxecto.

b) Liña 2-Dixitalización (código de procedemento IN500D): terán a consideración de custos subvencionables os de consultoría, enxeñaría, hardware e software vinculados, coa condición de que estean relacionados co desenvolvemento e execución do proxecto:

i. Custos de colaboracións externas de carácter tecnolóxico ou organizativo: asistencia técnica, adaptación e parametrización de solucións, consultoría e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto (diagnóstico, planificación ou definición dos servizos previstos). As colaboracións externas subvencionables non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normal da empresa como son servizos rutineiros de asesoría fiscal, servizos xurídicos ou de publicidade.

Nesta categoría queda excluída a adquisición de bens que teñan a consideración de inventariables.

ii. Custos asociados ás actuacións de formación necesarias para a posta en marcha das ferramentas adquiridas. Será subvencionable como máximo ata o 10 % do orzamento total do proxecto.

iii. Custos de adquisición de dispositivos tales como sensores, automatismos e equipos de comunicacións necesarios para o obxecto do proxecto. Soamente serán subvencionables os computadores persoais e servidores, impresoras, terminais, displays, tabletas, consolas e similares, que sexan de uso indispensable como interface para captura de datos ou configuración de dispositivos. Será subvencionable como máximo ata o 50 % do orzamento total do proxecto.

iv. Gastos derivados do desenvolvemento, implantación e posta en funcionamento do software relacionado co proxecto. Considéranse nesta epígrafe:

• Custos de subscrición a software: admitirase como gasto subvencionable o período de subscrición durante o período de execución do proxecto. No caso de que o sistema de adquisición supere o prazo de execución da axuda, o período restante descontarase do gasto subvencionable pro rata.

• Licenzas de software para aplicacións de empresas do sector forestal-madeira que interoperen coas xanelas administrativas da Xunta de Galicia e para o uso da solución obxecto das actuacións realizadas, excluíndo o software de propósito xeral, por exemplo sistemas operativos, aplicacións de xestión/monitoraxe de redes/sistemas, paquetes de ofimática, correo electrónico, edición e tratamento de imaxes, salvo nos casos en que este tipo de software forme parte inseparable doutros activos que sexan obxecto de subvención dentro do proxecto. O gasto subvencionable estará limitado ao 25 % do orzamento total do proxecto.

2. Os investimentos realizados deberán incluírse no activo da empresa e manterse no seu centro de traballo radicado en Galicia durante os tres anos seguintes ao pagamento final da axuda.

3. Os investimentos tanxibles e/ou intanxibles deberán ser bens novos.

No caso de investimentos en activos intanxibles, para seren considerados subvencionables, deberán cumprir estas condicións:

1. Empregaranse exclusivamente na empresa beneficiaria da axuda.

2. Consideraranse activos amortizables.

3. Adquiriranse a terceiros en condicións de mercado sen que o adquirente estea en posición de exercer control sobre o vendedor, ou viceversa.

4. Non se considerarán subvencionables en ningunha das liñas:

a) O imposto sobre o valor engadido que sexa recuperable conforme a normativa nacional, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables conforme a normativa nacional, de conformidade co disposto na norma xeral 2, alínea c), da Orde HFP 1979/2016, do 29 de decembro.

b) Os gastos de desprazamento, a elaboración de materiais didácticos e o alugamento de salas, axudas de custo e similares. Estes gastos deberán figurar de forma separada no concepto das facturas.

c) Os custos de material de oficina e consumibles informáticos.

d) Os demais que se recollen no artigo 29.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 6. Importe das axudas

O importe máximo da subvención será do 70 % do gasto subvencionable, cun límite de 70.000 euros por beneficiario.

Na liña 2-Dixitalización (código de procedemento IN500D), esta porcentaxe verase incrementada ata o 80 % do gasto subvencionable cando a actuación obxecto de solicitude consuma un ou varios servizos web publicados pola Consellería do Medio Rural (https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/servizos-web-forestais) e naqueles proxectos de rastrexabilidade en que se graven as transaccións na plataforma blockchain da Xunta de Galicia denominada Fortra (https://fortra.xunta.gal/). Nos dous casos ten que existir un compromiso de utilización dos ditos servizos durante un tempo mínimo de 3 anos computados desde que se produza o derradeiro pagamento da axuda, de acordo co disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) 1303/2013.

Artigo 7. Solicitudes

1. As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude, segundo a liña de axuda en que se pretendan participar (anexo I e II, segundo corresponda). Esta solicitude irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 8 das bases reguladoras.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As subvencións resolveranse por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas por cada liña e axuda a que se pretenda optar. Con todo, naqueles supostos en que se requirise aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou documentación presentada, entenderase por rexistro de entrada da solicitude presentada a data en que o devandito requirimento estea correctamente atendido.

4. As persoas solicitantes deberán declarar responsablemente, tal e como consta no modelo do anexo I e II:

a) Se, en relación con outras subvencións, axudas, recursos ou ingresos concedidos ou solicitados, se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, algunha outra subvención, axuda, recurso ou ingreso para o mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita a subvención.

b) Se, en relación con outras axudas de minimis concedidas ou solicitadas, se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, algunha outra axuda de minimis durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

c) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

d) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Non estar incursa en ningunha das prohibicións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.

f) Estar ao día no pagamento das obrigacións por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g) Estar ao día das súas obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

h) Que se compromete a cumprir as obrigacións e requisitos que se sinalan no artigo 19 das bases reguladoras.

i) Que a empresa solicitante cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición incluída no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014.

5. Dado que a actuación está financiada ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, as persoas solicitantes deberán, ademais, declarar responsablemente, tal e como consta no modelo do anexo I e II:

a) Que teñen capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos de proxecto para os cales se solicita a axuda, en cumprimento do artigo 125.3.d) do Regulamento 1303/2013.

b) Que a persoa solicitante asumirá a aplicación de medidas contra a fraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obrigación de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude, de forma que calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer estes feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

c) Que a persoa solicitante cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando cumpra.

d) Que conta cun sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permitan seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

e) Que vai conservar toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013). Comunicarase ao beneficiario a data de inicio do prazo.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I e II) a seguinte documentación:

a) Acreditación da representación suficiente para actuar no nome da persoa solicitante, no caso de que a solicitude non estea asinada por representante legal.

b) Escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso dunha sociedade.

c) Certificado de situación censual, no caso de autónomos.

d) No caso de non autorizar a súa consulta, certificado de inscrición no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) cos datos actualizados, só para solicitudes da liña 2 (IN500D).

e) No suposto de non estar inscrito no Resfor, documentación acreditativa da alta nalgún código CNAE ou, se é o caso, calquera outro medio válido en dereito, que certifique a realización de actividades obxecto de subvención, só para solicitudes da liña 2 (IN500D).

f) Para a acreditación da condición de peme:

i. Declaración da condición de peme, segundo os anexos III.1, III.2 e III.3. Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos e de persoal serán referidos aos do último exercicio económico pechado.

ii. No caso de empresas vinculadas ou asociadas coa empresa solicitante:

– Copia das contas anuais do último exercicio económico pechado de cada unha das empresas.

– Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral dos 12 meses anteriores á data de publicación da convocatoria para todos os réximes en que figure dada de alta cada unha das empresas.

g) Memoria técnica do proxecto (anexo IV e V, segundo a liña que corresponda), en que se xustifique o cumprimento das condicións de proxecto descritas no artigo 5.

h) Memoria económica do proxecto (anexo VI e VII, segundo a liña que corresponda), onde se detalle o orzamento de gasto desagregado por partidas. Deberá especificarse o importe da execución. Na memoria indicarase obrigatoriamente a distribución por anualidades proposta polo solicitante.

i) Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o fornezan. Os orzamentos desagregarán perfectamente os investimentos para os cales se solicita a axuda, co fin de que sexan claramente comparables entre eles, e cumprirán cos requisitos establecidos no artigo 5.1.e).

j) No caso da liña 1 (IN500C), cando varias empresas se presenten agrupadas deberán presentar o anexo XIV, pluralidade de solicitantes.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideron obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Sen prexuízo do disposto no parágrafo primeiro, a Axencia Galega da Industria Forestal poderá requirir ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados por outras administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI/NIE da persoa solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– Consulta de concesións de subvencións e axudas.

– Consulta de inhabilitacións de subvencións e axudas.

– Consulta de concesións pola regra de minimis.

– Certificado de inscrición no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) cos datos actualizados. Só para solicitudes da liña 2 (IN500D).

– Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– NIF da entidade solicitante.

– Alta no IAE ou certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, conforme o artigo 21.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que a persoa beneficiaria ten débedas ou obrigacións con algunha destas administracións, será requirida para que, no prazo de dez días, regularice a situación e presente o correspondente certificado.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigacións de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias das subvencións están obrigadas a fornecer á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, despois de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigacións previstas no título I da citada lei.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Órganos competentes

A Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal será o órgano competente para a instrución do procedemento e corresponde á persoa titular da Dirección da Axencia ditar a resolución de concesión.

Artigo 13. Instrución

1. Na fase de instrución realizaranse de oficio cantas actuacións sexan necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos, en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 21.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán concedidos, ata o esgotamento do crédito, respectando a súa orde de entrada sen comparación con outras solicitudes. Considerarase como data de presentación aquela en que unha solicitude reúna toda a documentación requirida, unha vez emendadas todas as posibles deficiencias.

3. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se unha solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos na convocatoria e nas bases reguladoras ou non se acompaña da documentación exixida, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achega os documentos preceptivos.

Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución.

4. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria e das bases reguladoras, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, serán causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

6. Unha vez concluída a instrución, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución individual ao director da Axencia para ditar a correspondente resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada. Na devandita proposta indicarase o número de expediente, a denominación e o NIF da persoa solicitante, a data de presentación da solicitude, a actuación subvencionable e a contía da subvención proposta, ou ben a causa da proposta de denegación ou inadmisión, segundo corresponda.

Artigo 14. Resolución

1. A persoa titular da Dirección da Axencia Galega da Industria Forestal, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a identidade da persoa solicitante, a actuación subvencionada, así como a subvención concedida e a súa contía ou, se é o caso, a causa de non admisión ou denegación da solicitude, así como o contido do documento polo cal se establecen as condicións da axuda.

A resolución de concesión expresará o importe total da axuda que lle corresponde a cada persoa beneficiaria, así como a súa distribución por anualidades.

Unha vez esgotado o crédito destinado a esta subvención, publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia a dita circunstancia, de maneira que non poderán ser atendidas as solicitudes presentadas cunha data posterior.

2. De conformidade co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, unha vez esgotado o crédito dispoñible, poderá ampliarse cando o aumento veña derivado dalgunha das condicións previstas no devandito artigo.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ás persoas interesadas será de tres meses, contados a partir do día seguinte á data de entrada no rexistro da solicitude. Unha vez transcorrido este prazo, as solicitudes que non tivesen unha comunicación de aprobación de axuda poderán entenderse desestimadas segundo o establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obrigación legal de resolver pola Administración.

Artigo 15. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse exclusivamente a través de medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obrigación de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 16. Réxime de recursos

Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento contado desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo ante o presidente da Axencia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 17. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, as persoas beneficiarias poderán solicitar a modificación, como máximo, ata un (1) mes antes da finalización do prazo previsto para a execución das actividades subvencionadas. No caso de dúas anualidades, o prazo será ata un (1) mes anterior á finalización do prazo para xustificar a primeira anualidade.

2. A modificación poderase autorizar sempre que non se prexudiquen os dereitos de terceiras persoas. En todo caso, a modificación da resolución de concesión deberá respectar o obxecto da subvención, as actuacións subvencionables e non dar lugar a actuacións deficientes e incompletas.

3. Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

4. Xunto coa solicitude (anexo IX), os beneficiarios deberán presentar: unha memoria xustificativa, o orzamento modificado e a relación e identificación concreta dos cambios introducidos.

5. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Dirección da Axencia Galega da Industria Forestal, logo de instrución do correspondente expediente.

6. Cando as persoas beneficiarias da subvención poñan de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o establecido no artigo 14.1.m) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, omitíndose o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, coa condición de que tal aceptación non supoña danar os dereitos de terceiras persoas.

Esta aceptación por parte do órgano concedente non exime a persoa beneficiaria das sancións que poidan corresponderlle conforme a citada Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Renuncia

1. Notificada a resolución, e sen prexuízo dos recursos que procedan, se, transcorridos dez días hábiles desde a notificación, a persoa interesada non comunica expresamente a súa renuncia á subvención (anexo VIII) entenderase que a acepta tacitamente e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiaria.

2. En caso de renuncia, o órgano concedente ditará a correspondente resolución, que se notificará de conformidade co procedemento establecido no artigo 15 destas bases reguladoras.

3. Presentar a renuncia total ás axudas fóra do devandito prazo ou non presentar a renuncia nos casos de incumprimento total do investimento subvencionado, tal como queda definido o incumprimento total no artigo 22.3, dará lugar á perda do dereito ao cobramento da subvención concedida, sen prexuízo das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Obrigas das persoas beneficiarias

1. As persoas beneficiarias das subvencións adquiren os compromisos e obrigacións establecidos no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo das demais obrigacións que resulten da normativa aplicable.

2. Dado que a actuación está financiada ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, son tamén obrigacións das persoas beneficiarias das subvencións as seguintes:

a) Cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e a de contratación pública, cando pola súa natureza xurídica a persoa beneficiaria estea suxeita á Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a Axencia Galega da Industria Forestal, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ás comprobacións e verificacións que realicen, organismo intermedio, a autoridade de xestión ou a autoridade de certificación e, se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

c) Asumir a aplicación de medidas contra a fraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obrigación de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permitan seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con cargo á subvención.

e) Dispoñer de capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda.

f) Conservar a documentación xustificativa relativa aos gastos financiados durante un prazo de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas cales estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013). Comunicarase á persoa beneficiaria a data de comezo do prazo.

g) Segundo o establecido no artigo 15, punto 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, toda actividade, investimento ou material (incluído o que se difunda de maneira electrónica ou empregando medios audiovisuais), que se realice contando con financiamento obtido a partir destas axudas, deberá cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto de conformidade co establecido no anexo XV destas bases, sobre o apoio procedente dos fondos Feder, recollidos no anexo XII, número 2, do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

h) Manter o investimento durante un prazo de 3 anos desde o pagamento final á persoa beneficiaria, segundo o disposto no artigo 71.1 do Regulamento (UE) 1303/2013.

3. O incumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as indicadas na resolución de concesión de axuda, así como atoparse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda de dereito á axuda.

Artigo 20. Xustificación da subvención

1. As datas límite para a xustificación quedan establecidas no punto 5 da convocatoria, e só serán subvencionables os investimentos ou actividades que se realicen efectivamente e dos cales se xustifique o seu pagamento, mediante facturas e xustificantes bancarios de pagamento.

Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos a conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A persoa subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que lle corresponde liquidar eses gastos.

2. Para cobrar a subvención concedida, as persoas beneficiarias deberán presentar electronicamente unha solicitude de pagamento mediante o modelo normalizado do anexo X, acompañada da documentación sinalada no artigo seguinte.

3. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Axencia Galega da Industria Forestal, antes de proceder ao seu pagamento, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento das actuacións subvencionadas.

No caso de investimentos en activos tanxibles, unha vez presentada a solicitude de pagamento realizarase, se fose o caso, a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados segundo o disposto no artigo 30.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Sen prexuízo da documentación indicada nesta resolución, poderá requirirse que se acheguen cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

5. Se, transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, a empresa non presenta a documentación pertinente segundo o indicado, a Axencia Galega da Industria Forestal requiriraa para que no prazo improrrogable de dez días a presente, advertíndolle que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito á subvención e a exixencia do reintegro no caso de recibir cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

6. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso ditarase a oportuna resolución, nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

7. En todo caso, a forma de xustificación deberá aterse ao previsto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique mediante documentos bancarios, en que deberán quedar claramente identificadas as persoas ou entidades receptoras e emisoras dos pagamentos, así como o concepto destes. Non se admitirán pagamentos en efectivo.

8. A Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal analizará a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento e realización da actividade obxecto de subvención e emitirá unha proposta de pagamento que elevará á Dirección da Axencia, órgano competente para ordenar o pagamento.

9. O pagamento efectuarase de forma nominativa a favor das persoas beneficiarias e despois da acreditación dos gastos e pagamentos realizados, ata o tope máximo da contía concedida como subvención.

10. Se da documentación presentada pola persoa beneficiaria para cada actividade queda xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, o pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada na devandita actividade.

11. En ningún caso poderá realizarse o pagamento da subvención mentres as persoas beneficiarias non figuren ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexan debedoras por resolución de procedencia de reintegro.

Artigo 21. Xustificación e pagamento

1. Para o pagamento parcial da axuda, as persoas beneficiarias deberán presentar no momento da xustificación a seguinte documentación acreditativa do cumprimento do obxecto da subvención:

a) Anexo X de solicitude de pagamento.

b) Memoria económica xustificativa segundo o modelo do anexo XIII, en que conste o concepto ou conceptos subvencionables, o provedor ou provedores, o importe (IVE excluído) de cada gasto xustificado e a data de cada un dos xustificantes presentados, agrupados por conceptos de gasto.

Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia Galega da Industria Forestal na resolución de concesión da subvención e responder de maneira indubidable á natureza da actividade subvencionada.

Só se considerará gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado na normativa reguladora da subvención.

c) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade e custos, así como das axudas de minimis utilizando o modelo que aparece como anexo XI a esta resolución.

d) No caso de que o solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, certificados acreditativos de estar ao día das súas obrigacións con todos eles.

e) Documentación xustificativa do pagamento: copia das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, xustificativos do investimento subvencionable. Os pagamentos xustificaranse con orixinais ou copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias, extractos bancarios ou documentos obtidos a través da banca electrónica.

Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o número e o importe total da factura (IVE incluído), así como o concepto a que se refiren. No caso en que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento.

En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados mediante recibos do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

Non serán subvencionables partes de gastos que non estean íntegra e correctamente xustificados conforme o establecido nos parágrafos anteriores.

f) No caso dos beneficiarios suxeitos á normativa de contratación pública, deberán achegar un certificado do responsable do control de legalidade do organismo, que acredite o cumprimento da normativa de contratación pública na tramitación dos procedementos.

g) Certificado do depósito de aval bancario na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia, se procede.

h) Para a xustificación dos gastos de persoal, deberá achegarse a seguinte documentación:

1º. Contrato de traballo e vida laboral do período de realización das actividades, correspondentes á persoa contratada.

2º. Partes de traballo asinados pola entidade e a persoa traballadora en que consten as horas dedicadas á actividade subvencionada, cunha descrición detallada das tarefas realizadas.

3º. Nóminas e Seguridade Social (RLC e RNT) do persoal dedicado e xustificantes bancarios do seu pagamento; modelo 111 de declaración trimestral de retencións do IRPF e anualmente, cando corresponda, deberá achegar tamén o modelo 190 de retencións e ingresos a conta do IRPF.

i) Dado que a actuación está financiada ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da pandemia da COVID-19, a documentación de realizar a publicidade adecuada (fotografías dos carteis informativos, publicidade a través de páxina web, exemplares da documentación escrita) que xustifique dar cumprimento ás obrigacións en materia de información e comunicación establecidas no anexo XV, sobre o apoio procedente dos fondos Feder, recollidas no anexo XII, número 2, do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e segundo o modelo que se establece no anexo XV que acompaña as presentes bases reguladoras.

2. Para o pagamento final ou total da axuda deberá presentarse:

a) A documentación recollida no punto 1 deste artigo.

b) Memoria técnica xustificativa segundo o modelo do anexo XII, onde se detallará e xustificará a consecución do obxectivo do proxecto, a execución das tarefas previstas e o impacto positivo logrado. En cada caso, achegaranse evidencias técnicas (imaxes, informes técnicos, catálogos, etc.).

3. O pagamento realizarase unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención, e realizadas polos órganos competentes da Axencia as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

4 . Os pagamentos á conta adaptaranse ao establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Os ditos pagamentos á conta, cando o importe da primeira anualidade supere os 18.000,00 euros, serán garantidos mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca.

Artigo 22. Incumprimento, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigacións contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obrigación de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes, de conformidade co establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En calquera caso, as persoas beneficiarias quedan obrigadas a reintegrar, total ou parcialmente, o importe percibido pola subvención concedida, así como os correspondentes xuros de demora devindicados desde o momento do pagamento, nos seguintes casos:

a) Por incumprimento da obrigación de xustificación ou xustificación insuficiente nos prazos e termos establecidos nesta resolución.

b) Por obter a subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, con falsificación das condicións requiridas para iso ou ocultación daquelas que o impedisen.

c) Por resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro; incumprimento das obrigacións contables, de rexistro ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, ou por incumprimento do obxectivo ou a concorrencia con outras axudas para a mesma finalidade percibidas de calquera Administración ou ente público ou privado.

d) Nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

3. En todo caso, unha execución inferior ao 60 % do importe dos gastos subvencionables terá a consideración de incumprimento total e ocasionará a perda de dereito ao cobramento da totalidade da subvención.

4. Cando o cumprimento pola persoa beneficiaria se aproxime de modo significativo ao cumprimento total e se acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos compromisos adquiridos, a cantidade que hai que reintegrar responderá ao principio de proporcionalidade, e determinarase aplicando os mesmos criterios de avaliación que se empregaron para a concesión referidos á realidade finalmente comprobada.

5. Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

6. Dado que as actuacións están financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, procederá o reintegro das axudas no caso de non manter as condicións establecidas nestas bases nos seguintes casos:

a) Perda dun 2 % da subvención concedida por non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permitan seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

b) Perda dun 2 % da subvención concedida por non dar publicidade ao financiamento dos investimentos que sexan obxecto da subvención, de acordo co establecido nestas bases.

c) Perda dun 5 % por non comunicar a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

d) Perda da subvención de forma proporcional ao tempo en que se incumpra por non manter os investimentos obxecto da subvención durante o período de tres anos.

No caso de condicións que constitúan obrigacións que a persoa beneficiaria debe acreditar en fase de xustificación, entre as cales se atopan as obrigacións de publicidade, estas deberán xustificarse, en todo caso, para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso en que se detecten en controis posteriores ao pagamento dalgún incumprimento relativo a esas obrigacións.

Artigo 23. Controis

1. A Axencia Galega da Industria Forestal poderá realizar as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Así mesmo, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 24. Publicidade

1. No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da última concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, o beneficiario, o programa e o crédito orzamentario, a contía e a finalidade da subvención.

As persoas interesadas poderán facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas no artigo 15.2.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ademais do anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a tres mil euros (3.000 euros), non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Axencia Galega da Industria Forestal.

Así mesmo, en cumprimento do disposto nos artigos 18 e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, comunicarase a concesión das axudas reguladas nesta convocatoria á Base de datos nacional de subvencións, que operará como sistema nacional de publicidade de subvencións.

A solicitude para ser beneficiaria da axuda levará implícita a autorización, no caso de que se conceda a axuda solicitada, para a inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e Sancións dependente da Consellería de Facenda e Administración Pública, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na súa solicitude. Con todo, as persoas ou entidades solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións, cando concorra algunha das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Ademais, dado que as actuacións están financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, os datos serán comunicados á Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda e Administración Pública coa finalidade de realizar a xestión, seguimento, información, control, coordinación e estudo da execución e avaliación do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 na súa condición de organismo intermedio en virtude das funcións atribuídas pola Autoridade de Xestión segundo o disposto no artigo 125, número 2, artigo 140, números 3 a 5, e anexo XIII, número 3, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e as súas disposicións de desenvolvemento.

A aceptación da axuda implica ademais a aceptación da inclusión do beneficiario na lista de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e que se publicará co contido previsto no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 no seguinte sitio web: http://www.dgfc.sepg.minhafp.gob.es/sitios/dgfc/es-ES/loFEDER1420/porFEDER/Paginas/inicio.aspx

3. No exercicio das súas responsabilidades en materia de información, comunicación e visibilidade de conformidade co artigo 115, números 1 e 3, e o anexo XII, os Estados membros e as autoridades de xestión garantirán que os beneficiarios potenciais, os beneficiarios, os participantes, os destinatarios finais dos instrumentos financeiros e o público en xeral sexan conscientes da existencia e volume dos recursos REACT-UE e do apoio adicional que estes proporcionan.

Os Estados membros e as autoridades de xestión explicarán claramente aos cidadáns que a operación en cuestión se financia como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19 e garantirán a plena transparencia, utilizando, cando sexa adecuado, as redes sociais.

En relación coa obriga de dar publicidade ao financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013, e atendendo ao sinalado no capítulo II do Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, e demais normativa de desenvolvemento, a persoa beneficiaria deberá, durante a realización da operación e mantemento do investimento:

1. Recoñecer o apoio do Feder á operación en todas as súas medidas de información e comunicación, mostrando o emblema xunto coa referencia á Unión Europea, segundo o recollido nos artigos 3 e 4 do Regulamento nº 821/2014. Así mesmo, farase referencia ao Feder e a que a operación está «financiada como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19». Tamén se incluirá o lema «Unha maneira de facer Europa» sempre que sexa posible. Polo tanto, calquera documento relacionado coa execución da operación que se destine ao público conterá unha declaración en que se recoñeza este apoio.

2. Informar o público do apoio obtido facendo unha breve descrición na súa páxina web e/ou redes sociais, no caso de que dispoña delas, da operación, de maneira proporcionada ao nivel do apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión Europea.

3. Colocar un cartel informativo sobre o proxecto, dun tamaño mínimo A3, no cal se mencionará a axuda financeira da Unión, nun lugar ben visible para o público, por exemplo, na entrada dun edificio.

Artigo 25. Medidas contra a fraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os devanditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

Artigo 26. Remisión normativa

Aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

Tamén son de aplicación as seguintes normas:

a) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Normativa sobre protección de datos persoais: Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais; Regulamento xeral de protección de datos persoais (RXPD); Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade no ámbito da administración electrónica.

c) Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020, modificada pola Orde HAC/114/2021, do 5 de febreiro.

d) Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego, e polo que se deroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006.

e) Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.

f) Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

g) Regulamento (UE) 2020/460 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de marzo de 2020, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013 e (UE) nº 508/2014, no relativo a medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros e noutros sectores das súas economías, en resposta ao gromo da COVID-19 (Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus).

h) Regulamento (UE) 2020/2221 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de decembro de 2020, polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 1303/2013 no que respecta aos recursos adicionais e ás disposicións de execución co fin de prestar asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía (REACT-UE).

i) Regulamento (UE) 2020/558 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de abril de 2020, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1301/2013 e (UE) nº 1303/2013 no que respecta a medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de investimentos europeos en resposta ao gromo da COVID-19.

j) Orde HAC/114/2021, do 5 de febreiro, pola que se modifica a Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

k) Normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XV

Medidas informativas e publicitarias

IN500C e IN500D-Axudas aos investimentos en ecoinnovación e dixitalización da industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas na madeira

IN500C e IN500D-Subvencións para investimentos en ecoinnovación e dixitalización financiadas ao 100 % no marco do eixo REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19. Obrigas dos beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19:

Ao tratarse de subvencións financiadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, o beneficiario deberá cumprir os seguintes requisitos de publicación e comunicación:

1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio da Xunta de Galicia, conforme o Manual de identidade corporativa que estea vixente, e do Feder ao proxecto, incluíndo a imaxe institucional correspondente, o logotipo do Xacobeo 21-22 e mostrando:

a) O emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea.

b) Referencia ao Fondo Feder que dá apoio ao proxecto e que está financiado como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

c) Referencia ao lema do Fondo «Unha maneira de facer Europa».

2. Durante a realización do proxecto e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego:

2.1. Recoñecer o apoio do Feder á operación en todas as súas medidas de información e comunicación, mostrando o emblema xunto coa referencia á Unión Europea, segundo o recollido nos artigos 3 e 4 do Regulamento nº 821/2014. Así mesmo, farase referencia ao Feder e a que a operación está «financiada como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19». Tamén se incluirá o lema «Unha maneira de facer Europa», sempre que sexa posible. Polo tanto, calquera documento relacionado coa execución da operación que se destine ao público conterá unha declaración en que se recoñeza este apoio.

2.2. Informar o público do apoio obtido facendo unha breve descrición na súa páxina web e/ou redes sociais, no caso de que dispoña delas, da operación, de maneira proporcionada ao nivel do apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión Europea.

2.3. Colocar un cartel informativo sobre o proxecto, dun tamaño mínimo A3, no cal se mencionará a axuda financeira da Unión, nun lugar ben visible para o público, por exemplo, na entrada dun edificio.

Para os efectos do sinalado, para a elaboración do cartel deberase empregar o seguinte modelo, dispoñible para a súa descarga na sección de Axudas da web da Axencia Galega da Industria Forestal (http://www.xera.gal/).

missing image file