De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedan supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior e logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido ao interesado que se sinala no anexo, a seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Así mesmo, infórmase ao interesado de que o expediente se atopa á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 18 de agosto de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
Anexo
Expediente: PI2021_P1_IN622B_09.
NIF: H15384167.
Acto de notificación: requirimento de documentación.
Concello: A Coruña.