Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 31 de agosto de 2022 Páx. 46597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 5 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Muxía (expediente-e IN407A 2022/150-1).

Expediente-e: IN407A 2022/150-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT lugar Moreira, número 6.

Concello: Muxía.

1. Características técnicas:

– LMTS a 20 kV de 44 metros, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio tipo C-3000-12 proxectado da LMTA POT806 Agreiras e remate no CTC proxectado.

– LMTA a 20 kV de 523 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio tipo C-3000-12 proxectado (instalación de 3 seccionadores-fusibles XS), entre os apoios con matrículas 93M1WNIC//28-38-A-30 e 93JN4U2K//28-38-A-31 da POT806 Agreiras, e remate no apoio tipo C-3000-12 proxectado (instalación de PA/S e autoválvulas).

– CT Moreira compacto prefabricado, cunha potencia de 160 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 5 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2022/150-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT lugar Moreira, número 6.

Concello: Muxía.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.

Predio

Lugar

Cultivo

Propietaria/o

Afección de solo
en pleno dominio

Afección de solo por servidume
de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

2

Arbellal Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 513

Parcela: 122

Rústico, agrario. Labor ou labradío secaño

Herdeiras/os de Josefina Sambad Alvarellos

1

1,0

84,0

730,0

3

Arbellal Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 513

Parcela: 121

Rústico, agrario. Matogueira

Anselmo Canosa Romero

40,0

525,0

4

Sobre Bao Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 49

Parcela: 665

Rústico, agrario. Labor ou labradío secaño e matogueira

Isabel Pose Pose

2

1,7

42,0

1.022,0

5

Sobre Bao Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 49

Parcela: 671

Rústico, agrario. Piñeiral madeirable

Beatriz Traba Martínez

76,0

953,0

6

Sobre Bao Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 49

Parcela: 670

Rústico, agrario. Matogueira

Mª Purificación Touriñán Alvarellos

294,0

7

Sobre Bao Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 49

Parcela: 673

Rústico, agrario. Piñeiral madeirable

Carmen Santos Lago

12,0

8

Sobre Bao Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 49

Parcela: 672

Rústico, agrario. Piñeiral madeirable

Herdeiras/os de Anselmo Bermúdez Luances

10,0

98,0

10

Sobre Bao Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 49

Parcela: 688

Rústico, agrario. Matogueira

Carmen Santos Lago

6,0

11

Sobre Bao Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 49

Parcela: 689

Rústico, agrario. Matogueira

Herdeiras/os de Anselmo Bermúdez Luances

13,0

12

Carballal Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 49

Parcela: 696

Rústico, agrario. Eucaliptos

Áurea Lago Quintáns

39,0

13

Carballal Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 49

Parcela: 695

Rústico, agrario. Eucaliptos

Elías Emiliano Santamaría Alvarellos

3

1,7

13,0

146,0

14

Pallagueira Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 49

Parcela: 690

Rústico, agrario. Eucaliptos

Sara Dolores Sanda Montero

58,0

877,0

15

Pallagueira Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 49

Parcela: 686

Rústico, agrario. Matogueira

Sara Dolores Sanda Montero

10,0

204,0

16

Pallagueira Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 49

Parcela: 685

Rústico, agrario. Matogueira

Victoria Mª López Santamaría

4

1,7

14,0

174,0

17

Carballal Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 41

Parcela: 691

Rústico, agrario. Eucaliptos

José Manuel Pazos López

42,0

19

Leiras Longas. Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 513

Parcela: 12

Rústico, agrario. Pradeiral ou pradaría

Sara Dolores Sanda Montero

21,0

347,0

20

Leiras Longas. Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 513

Parcela: 15

Rústico, agrario. Pradeiral ou pradaría

Manuel Castiñeira López

18,0

245,0

21

Leiras Longas. Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 513

Parcela: 14

Rústico, agrario. Pradeiral ou pradaría

Manuel Castiñeira López

30,0

23

Leiras Longas. Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 513

Parcela: 16

Rústico, agrario. Labor ou labradío secaño

Mercedes Francisca Bermúdez Pose

21,0

328,0

25

Lugar Moreira Muxía

Ref. catastral:

Polígono: 513

Parcela: 79

Rústico, agrario. Pradeiral ou pradaría

Lisandro Santos Pose e irmáns

56,0

886,0

27

Prumar

Ref. catastral:

Polígono: 513

Parcela: 87

Rústico, agrario. Labor ou labradío secaño

José Manuel Pazos López

5

1,3

3,0

49,0

28

Lugar Moreira Muxía

Ref. catastral:

001900500MH76F0001AD

Rústico, agrario. Leira especial

Salvador Canosa Canosa

Centro de transformación

16,81