Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 31 de agosto de 2022 Páx. 46581

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

EXTRACTO da Resolución do 29 de xullo de 2022 pola que se convocan axudas para a recualificación do Sistema universitario español para 2021-2023, modalidade María Zambrano.

BDNS (Identif.): 645091.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/645091).

Primeiro. Modalidade

María Zambrano para a atracción de talento internacional.

Segundo. Beneficiarios

Persoal docente e investigador, de nacionalidade española ou doutro país, cunha traxectoria posdoutoral acumulada non inferior a 24 meses en universidades ou centros de investigación españois ou situados fóra de España diferentes ao da defensa da tese doutoral. No momento de formular a solicitude deben estar desenvolvendo proxectos de investigación e/ou impartindo docencia en universidades, centros de investigación ou organismos situados fóra de España e residir no país onde estean localizados.

Terceiro. Obxecto

O obxecto destas axudas é a atracción á Universidade de Santiago de Compostela de persoal docente e investigador con traxectoria posdoutoral acumulada en universidades ou centros de investigación estranxeiros.

Cuarto. Bases reguladoras

O Real decreto 289/2021, do 20 de abril, do Ministerio de Universidades, e a Orde UNI/551/2021, do 26 de maio, pola que se conceden as subvencións a universidades públicas para a recualificación do Sistema universitario español, actuarán como bases reguladoras.

Quinto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de oito millóns oitocentos setenta e cinco mil oitocentos euros (8.875.800 €), segundo a distribución por anualidades para 2021, 2022 e 2023 que figura no Real decreto 289/2021, do 20 de abril, con cargo aos orzamentos da Universidade de Santiago de Compostela de 2021, incorporándose o remanente e restantes anualidades na aplicación orzamentaria que corresponda para os anos 2022, 2023 e 2024.

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o día 10 de agosto de 2022 ata o día 16 de setembro de 2022 (ambos incluídos).

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela