De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
Instalación: planta de valorización e almacenamento de residuos hidrocarburados |
Procedemento: revisión e modificación substancial da autorización ambiental integrada |
Titular: Codisoil, S.A. |
Núm. rexistro AAI: 2014-IPPC-38-275 |
Localización: concello do Pereiro de Aguiar (Ourense) |
Expedientes: 2019-IPPC-M-196 e 2021-IPPC-M-39 |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2022
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático