Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 30 de agosto de 2022 Páx. 46443

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mazaricos

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións do aeródromo da Fervenza.

Asunto: aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións do aeródromo da Fervenza.

Expediente: 2022/U035/000001.

Pola Resolución da primeira tenente de alcalde núm. 155/2022, acordouse aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións do aeródromo da Fervenza para a implantación dun establecemento de aloxamento no aeródromo da Fervenza (concello de Mazaricos), segundo a documentación técnica redactada pola arquitecta María Cruz Vigo Castro (colexiada 3556 do COAG).

O que se somete a información pública por un prazo de dous meses, en cumprimento dos artigos 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 186.1.a) do Regulamento da Lei do solo, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por ela poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que consideren oportunas.

O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na oficina técnica municipal.

Mazaricos, 17 de agosto de 2022

Juan J. Blanco Riveiro
Alcalde