De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
Instalación: fábrica de produtos cerámicos para a construción mediante cocción |
Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada |
Titular: Cerámica Rioboo, S.L. |
Núm. rexistro AAI: 2006/0340_NAA/IPPC_075 |
Localización: concello de Cambre (A Coruña) |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2022
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático