Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 19 de agosto de 2022, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que se describe:
Identificación e localización: parcela número 47 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 933,10 m².
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actuais titulares: Serafín Guillán Pérez (***6458**) e María Belén Guillán Pérez (***6143**).
Novos titulares: Nayara Guillán Rial (***0140**) e Serafín Guillán Pérez (***6458**).
Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.
Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 22 de agosto de 2022
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo