Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 29 de agosto de 2022 Páx. 46124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a aprobación do Acordo de reestruturación parcelaria da zona de Dodro-Laíño II (Dodro, A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Dodro-Laíño II (Dodro, A Coruña) que, con data do 8 de agosto de 2022, a directora xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«En cumprimento do establecido no artigo 35 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, unha vez revisada a documentación e os planos que o compoñen, por medio deste acto apróbase o Acordo de reestruturación parcelaria da zona de Dodro-Laíño II (Dodro, A Coruña).

Conforme o disposto no punto 3 do artigo 16 da dita lei, disólvese a xunta local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación persoal ou publicación substitutiva.

A Coruña, 12 de agosto de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña