Unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía número 438/2022, que se emitiu o 19 de agosto de 2022, resolveuse o nomeamento de Diana Rodríguez Rodríguez, con DNI ***9606**, como funcionaria de carreira do Concello de Valdoviño, para a praza de técnico/a de museos, incluída na oferta de emprego público deste concello do ano 2021, coas seguintes características: grupo A, subgrupo A2, encadrada na escala de Aministración especial, subescala de servizos especiais.
O que se fai público para os efectos do artigo 62 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Valdoviño, 19 de agosto de 2022
Alberto González Fernández
Alcalde