Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 26 de agosto de 2022 Páx. 46034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 10 de agosto de 2022 polo que se notifica un cambio da referencia catastral no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/49/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 20 de decembro de 2021, incoar un expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras de construción dunha estrutura de formigón para uso residencial, no lugar de Bugallo, Santa María, no termo municipal de Oia, provincia de Pontevedra (referencia catastral 36036A038002500001WW).

Sendo o/os interesado/s descoñecido/s, publicouse o acordo de incoación por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado do día 4.3.2022 e no Diario Oficial de Galicia do día 4.3.2022.

No tempo transcorrido entre a solicitude e a publicación produciuse a rectificación dos datos catastrais, logo do requirimento efectuado pola xefa do Servizo Provincial de Pontevedra da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística á persoa que aparecía como titular da parcela 250 do polígono 38, do termo municipal de Oia, provincia de Pontevedra.

Logo da rectificación nas bases de datos da Dirección Xeral do Catastro, según unha certificación catastral do 12.7.2022, a referencia catastral da parcela na que están situadas as obras de construción dunha estrutura de formigón para uso residencial, no lugar de Bugallo, Santa María, no termo municipal de Oia, provincia de Pontevedra, é a 36036A038002780001WF.

Sendo o/os interesado/s descoñecido/s, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase, para xeral coñecemento, o dito cambio na referencia catastral por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle/s ao/aos interesado/s que o texto íntegro do cambio que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado ou interesados dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere/n pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda/n valerse.

Para que conste, e lle/es sirva de notificación ao interesado ou interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2022

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
Olalla Flores Fernández
Subdirectora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística