Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 26 de agosto de 2022 Páx. 45920

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 18 de agosto de 2022 pola que se modifican os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional.

Mediante Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 14 de marzo de 2017 (DOG número 59, do 24 de marzo) ditáronse as normas para a aplicación do réxime de concertos educativos cos centros docentes privados para o curso académico 2017/18 e seguintes, de conformidade co establecido na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos.

Mediante Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 10 de agosto de 2017 (DOG número 157, do 21 de agosto) aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional, por un período máximo de 6 cursos académicos ata o final do curso 2022/23; concertos que se modificaron pola Orde do 20 de xullo de 2018 (DOG número 154, do 13 de agosto), a Orde do 6 de agosto de 2019 (DOG número 159, do 23 de agosto), a Orde do 23 de xullo de 2020 (DOG número 159, do 10 de agosto) e a Orde do 6 de agosto de 2021 (DOG número 160, do 21 de agosto).

De conformidade co artigo 4 da devandita Orde do 14 de marzo de 2017, os concertos educativos que se subscriban ou modifiquen por esta rematarán ao final do curso 2022/23.

Por canto antecede, en aplicación do artigo 7 do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, que aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, e do artigo 3 do Decreto 198/2020, do 20 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación dos concertos educativos vixentes

1. Esta orde ten por obxecto modificar os concertos educativos subscritos polos centros docentes privados que se relacionan no anexo I desta orde, nos termos que neste anexo se sinalan.

2. As modificacións a que se refire o número 1 deste artigo terán vixencia ata o final do curso 2022/23.

Artigo 2. Desestimación de solicitudes

Desestímanse as solicitudes de modificación ou de subscrición de concerto educativo formuladas polos centros docentes que se relacionan no anexo II da presente orde polos motivos que en cada caso se especifican.

Artigo 3. Formalización do concerto

1. As modificacións formalizaranse mediante addenda ao documento administrativo de formalización do concerto educativo subscrito polo centro, que asinarán a persoa titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, de conformidade co artigo 3 da Orde do 9 de febreiro de 2021 de delegación de competencias nos órganos superiores e de dirección e nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e coa disposición adicional segunda do Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

2. Se a persoa titular do centro non subscribise a addenda ao documento administrativo de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaída no seu dereito.

Artigo 4. Efectos da modificación

As modificacións a que se refire esta orde terán efectos económicos e administrativos desde o día 1 de setembro de 2022.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Modificacións realizadas de conformidade co
artigo 15 da Orde do 14 de marzo de 2017

a) Educación infantil:

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15003200

CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo

Cee

Coruña (A)

Suprimir o concerto: 1 unidade

15004526

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

Coruña (A)

Coruña (A)

Suprimir o concerto: 2 unidades

15006353

CPR Plurilingüe Jorge Juan

Fene

Coruña (A)

Suprimir o concerto: 1 unidade

15006511

CPR Plurilingüe Sta. Juana de Lestonac

Ferrol

Coruña (A)

Suprimir o concerto: 1 unidade

15010794

CPR Plurilingüe Jaime Balmes

Noia

Coruña (A)

Suprimir o concerto: 1 unidade

15021925

CPR Nuestra Señora del Monte Carmelo

Pobra do Caramiñal (A)

Coruña (A)

Suprimir 1 unidade de padroado

Incrementar o concerto 1 unidade (ordinaria)

36006705

CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de los Dolores

Pontevedra

Pontevedra

Suprimir o concerto: 2 unidades

36010216

CPR Plurilingüe Divino Salvador

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto: 1 unidade

36010976

CPR Plurilingüe Compañía de María

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto: 2 unidades

36011351

CPR Plurilingüe San José de Cluny

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto: 1 unidade

b) Educación primaria (EP) e educación secundaria obrigatoria (ESO):

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15032157

CPR Plurilingüe Andaina

Culleredo

Coruña (A)

Incrementar o concerto: 1 unidade de ESO (1º/2º curso)

Incrementar 4 horas de orientación en 1º/2º curso

15006511

CPR Plurilingüe Sta. Juana de Lestonac

Ferrol

Coruña (A)

Suprimir o concerto: 2 unidades de EP

15014520

CPR Plurilingüe Galaxia

Ribeira

Coruña (A)

Suprimir o concerto: 1 unidade de EP

32001661

CPR Plurilingüe Divina Pastora

Barco de Valdeorras (O)

Ourense

Suprimir o concerto: 1 unidade de EP

32008446

CPR Concepción Arenal

Ourense

Ourense

Suprimir o concerto: 1 unidade de EP

32008616

CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle

Ourense

Ourense

Suprimir o concerto: 2 unidades de ESO (1º/2º)

Reducir 1 hora de orientación en 3º/4º curso

32016194

CPR Plurilingüe Guillelme Brown

Pereiro de Aguiar (O)

Ourense

Incrementar o concerto: 1 unidade de ESO (3º/4º curso)

Incrementar 16 horas de orientación: 8 horas en 1º/2º curso e 8 horas en 3º/4º curso

32020720

CPR Plurilingüe Miraflores

Pereiro de Aguiar (O)

Ourense

Incrementar o concerto: 1 unidade de ESO (3º/4º curso)

Incrementar 16 horas de orientación: 8 horas en 1º/2º curso e 8 horas en 3º/4º curso

36000569

CPR Salesianos A Mercé

Cambados

Pontevedra

Suprimir o concerto: 2 unidades de ESO (3º/4º)

Reducir 8 horas de orientación: 4 horas en 1º/2º curso e 4 horas en 3º/4º curso

36001008

CPR Plurilingüe Compañía de María

Cangas

Pontevedra

Suprimir o concerto: 1 unidade de EP

36009925

CPR Plurilingüe Amor de Dios

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto: 2 unidades de EP

c) Educación especial:

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15004083

CPR Plurilingüe Compañía de María

Coruña (A)

Coruña (A)

Incrementar o concerto: 1 unidade-autistas

15014416

CPR Plurilingüe La Milagrosa- Josefa Sobrido

Ribeira

Coruña (A)

Concertar: 1 unidade-plurideficientes

15014520

CPR Plurilingüe Galaxia

Ribeira

Coruña (A)

Concertar: 1 unidade-plurideficientes

15015378

CPR Plurilingüe Compañía de María

Santiago de Compostela

Coruña (A)

Incrementar o concerto: 1 unidade-psíquicos

15021950

CEEPR Aspace

Sada

Coruña (A)

Incrementar o concerto: 1 unidade-plurideficientes

15024884

CPR Plurilingüe Rías Altas

Culleredo

Coruña (A)

Concertar: 1 unidade-plurideficientes

32008410

CPR Plurilingüe Santo Ángel

Ourense

Ourense

Concertar: 1 unidade-plurideficientes

36019815

CEEPR Amencer

Pontevedra

Pontevedra

Suprimir o concerto 1 unidade-plurideficientes

d) Formación profesional básica:

Código

Denominación do Centro

Concello

Provincia

Modificación

15020431

CPR Agarimo

Arteixo

Coruña (A)

Concertar o 2º curso do ciclo de Agroxardinaría e Composicións Florais (1 unidade)

27006255

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Lugo

Lugo

Concertar o 1º curso do ciclo de Servizos Administrativos (1 unidade)

32016731

CPR Malvedo

Coles

Ourense

Concertar o 1º curso do ciclo de Informática e Comunicación (1 unidade)

36000569

CPR Salesianos A Mercé

Cambados

Pontevedra

Concertar o 2º curso do ciclo de Peiteado e Estética (1 unidade)

e) Ciclos formativos de grao medio de formación profesional:

Código

Denominación do Centro

Concello

Provincia

Modificación

15021974

EFAG Fonteboa

Coristanco

Coruña (A)

Concertar o 2º curso do ciclo Guía no Medio Natural e de Tempo Libre (1 unidade)

15021986

CPR Cruz Roja Española

Coruña (A)

Coruña (A)

Concertar o 2º curso do ciclo Atención a Persoas en Situación de Dependencia (1 unidade)

36005427

CPR Plurilingüe Lar

Mos

Pontevedra

Concertar o 2º curso do ciclo Electromecánica de Vehículos Automóbiles (1 unidade)

f) Ciclos formativos de grao superior de formación profesional:

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15020313

EFAG Piñeiral

Arzúa

Coruña (A)

Concertar o 2º curso do ciclo Educación Infantil (1 unidade)

Concertar o 2º curso do ciclo Márketing e Publicidade (1 unidade)

Suprimir o 2º curso do ciclo Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (1 unidade)

15021974

EFAG Fonteboa

Coristanco

Coruña (A)

Concertar o 2º curso do ciclo Transporte e Loxística (1 unidade)

15021986

CPR Cruz Roja Española

Coruña (A)

Coruña (A)

Concertar o 2º curso do ciclo Laboratorio Clínico e Biomédico (1 unidade)

36004526

CPR Plurilingüe San Narciso

Marín

Pontevedra

Concertar o 2º curso do ciclo Ensinanza e Animación Sociodeportiva (1 unidade)

36005427

CPR Plurilingüe Lar

Mos

Pontevedra

Suprimir o 1º curso do ciclo Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos (1 unidade)

36011622

CPR Aloya

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso do ciclo Márketing e Publicidade (1 unidade)

Concertar o 2º curso do ciclo Transporte e Loxística (1 unidade)

ANEXO II

Solicitudes de modificación ou subscrición desestimadas

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15004231

CPR Plurilingüe Karbo

Coruña (A)

Coruña (A)

Non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

15015241

CPR Plurilingüe Nuestra Señora Inmaculada

Santa Comba

Coruña (A)

As necesidades educativas da zona atópanse debidamente cubertas segundo o artigo 7 da Orde do 14 de marzo de 2017; non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

15032364

CPR Fesán

Santiago de Compostela

Coruña (A)

Non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

27007223

CPR Padres Escolapios

Monforte de Lemos

Lugo

As necesidades educativas da zona atópanse debidamente cubertas segundo o artigo 7 da Orde do 14 de marzo de 2017; non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

36016115

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal

Cangas

Pontevedra

As necesidades educativas da zona atópanse debidamente cubertas segundo o artigo 7 da Orde do 14 de marzo de 2017; non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

36019724

CPR Cemar

Mondariz-Balneario

Pontevedra

Non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

36005671

EFAG A Cancela

Neves (As)

Pontevedra

Non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

36011221

CPR Plurilingüe Padre Míguez

Vigo

Pontevedra

Non existe necesidade de concerto destas ensinanzas, superávit de prazas; non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

36011853

CPR Daniel Castelao

Vigo

Pontevedra

As necesidades educativas da zona atópanse debidamente cubertas segundo o artigo 7 da Orde do 14 de marzo de 2017; non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

36015822

CPR Marcote

Vigo

Pontevedra

Non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

36025049

CPR San Eloy

Vigo

Pontevedra

Mediante a Orde do 18 de febreiro de 2022 revogase de oficio a autorización do centro por falla de inicio de actividade docente