Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 26 de agosto de 2022 Páx. 46022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación dun incumprimento en materia de montes a titulares descoñecidos.

De conformidade co disposto no artigo 67.bis.4 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e debido a que non se pode determinar a identidade das persoas responsables dunha infracción en materia de montes, notifícaselle ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 13.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á súa finalización.

Lugo, 5 de agosto de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

NIF persoa interesada

Referencia catastral
das parcelas afectadas

Acto de notificación

APE 124/2021

Descoñecido

27036A025000610000ET

Requirimento

APE 124/2021

Descoñecido

27036A025000620000EF

Requirimento

APE 124/2021

Descoñecido

27036A025001780000EB

Requirimento

APE 149/2021

Descoñecido

27049A055001380000BF

Requirimento