Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 26 de agosto de 2022 Páx. 45994

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, dun posto vacante de coordinador/a de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría.

Por Resolución do 30 de decembro de 2019 (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro de 2020) convocouse para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, un posto vacante de coordinador/a de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría, no Hospital Universitario de Ourense.

De conformidade co disposto na base sétima da convocatoria, con data do 21 de xuño de 2022, publicouse na páxina web www.sergas.es e nos taboleiros de anuncios da área sanitaria a convocatoria ao acto público de exposición e defensa do proxecto técnico relacionado coa xestión da coordinación por parte dos/das aspirantes ao posto convocado. A primeira aspirante citada ao dito acto non compareceu, sendo excluída do procedemento, en virtude do punto 7.2 das bases da convocatoria. A segunda participante convocada presentou a súa renuncia ante Comisión de Avaliación, sendo aceptado de plano a desistencia, conforme o artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Polo anteriormente exposto, esta xerencia, e de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar deserta, por falta de concorrencia de aspirantes, a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos, un posto vacante de coordinador/a de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría, no Hospital Universitario de Ourense.

Segundo. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 16 de agosto de 2022

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras