Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 26 de agosto de 2022 Páx. 46037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 10 de agosto de 2022, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 99869 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Dada a situación actual ocasioada pola COVID-19, a comparecencia solicitarase a través do seguinte correo electrónico: cita.igvs.ourense@xunta.gal

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 10 de agosto de 2022

A xefa da Área Provincial de Ourense
P.S. (Resolución do 30.6.2022)
Mónica López Álvarez
Arquitecta do Servizo Técnico

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

99869

44663095Q

Resolución de desistencia

100005

44458258V

Resolución de desistencia

100008

X2811142J

Resolución de desistencia

102734

76722489D

Requirimento de documentación

102725

44488393E

Requirimento de documentación