Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 25 de agosto de 2022 Páx. 45845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Fene (expediente-e IN407A 2022/145-1).

Expediente-e: IN407A 2022/145-1.

Solicitante: Sucesores de Manuel Leira, S.L.

Denominación: LMTS CS Mercartabria a CS Hotel El Vilar do Colo e CS Hotel Vilar do Colo.

Situación: concello de Fene.

Feitos:

1. O día 24 do abril de 2022, José Manuel López Leira, en nome e representación de Sucesores de Manuel Leira, S.L. solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de execución denominado Proxecto LMTS CS Mercartabria a CS Hotel El Vilar do Colo e CS Hotel Vilar do Colo.

Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado LMTS CS Mercartabria a CS Hotel El Vilar do Colo e CS Hotel Vilar do Colo.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. De acordo ao establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, no seu caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidese afectar a bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

Sucesores de Manuel Leira, S.L. presentou separatas para o seguinte organismo: Concello de Fene.

Non consta no expediente, a día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado nin á reiteración.

4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. Lexislación aplicable:

O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

2. As instalacións atópanse no Polígono Industrial de Vilar do Colo, rúa Catavento, no concello de Fene e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 15 kV de 33 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe na cela existente no CS Mercartabria (IN407A 2018/03-1) existente e remate no CS proxectado.

– CS Vilar do Colo en envolvente de obra civil de manobra interior e configuración 3L (2 E/S e 1 interruptor automático).

3. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo á lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 12 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña