Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 25 de agosto de 2022 Páx. 45833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 5 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2022/71-1).

Expediente: IN407A 2022/71-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: LMTS, CT A Viña-Golmar e enlace coa RBT.

Concello: A Laracha.

1. Características técnicas:

– Novo centro de transformación prefabricado de manobra interior de tipo PFU-3, que irá instalado nunha parcela con acceso desde a vía pública de circulación, en que se instalará un transformador de 50 kVA. Instalaranse dúas celas de liña (unha delas de reserva) e unha cela de protección para o transformador proxectado, todas elas con illamento en SF6.

– Para alimentar o novo centro proxéctase liña de media tensión subterránea en condutor de tipo RHZ1-12/20 kV, 3(1×150 Al), que terá o seu inicio na cela de liña do CT Gasolineira Golmar (obxecto doutro proxecto), e finalizará no centro de transformación proxectado. A lonxitude total da liña de media tensión subterránea proxectada é de 810 metros.

– Para realizar o enlace coa rede de baixa tensión aérea existente proxéctase unha saída de baixa tensión subterránea desde o centro de transformación proxectado. A nova liña proxectada realizarase en condutor de tipo XZ1-0,6/1 kV, 4(1×240 Al) e terá o seu inicio no cadro de baixa tensión do centro de transformación proxectado, e finalizará nos pasos de subterráneo a aéreo que se realizarán nos apoios proxectados de formigón de tipo HV-9/630 e HV-11/630, sendo a súa lonxitude total de 196 metros.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 5 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/71-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: LMTS, CT A Viña-Golmar e enlace coa RBT.

Concello: A Laracha.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.

Número de predio: 1.

Referencia catastral: 15042A080000010000KZ.

Cultivo: prados.

Propietaria: Consuelo Pérez Brandón.

Afección de solo en pleno dominio:

• Edificación, beirarrúa e acceso.

• m2: 58,00.