Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 25 de agosto de 2022 Páx. 45875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2022/236-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS CBD804 e CTC en Piz.

Situación: Vilanova de Arousa.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor RHZ en dúas actuacións. A primeira de 72 metros de lonxitude, con orixe no empalme sobre o tramo CBD8043526 e final no centro de transformación (CT) proxectado; e a segunda de 72 metros, con orixe no CT proxectado e final no empalme sobre o tramo CBD8043526. CT con relación 20.000/400 V a 250 KVA compacto de manobra exterior 2L1P telecontrolado con GPRS/FO en envolvente prefabricada de formigón con telexestión BT. As instalacións están situadas en Piz, na parroquia de Caleiro, no concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público para a súa consulta no Portal da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica), durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de agosto de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/236-4.

Denominación: LMTS CBD804 e CTC en Piz.

Concello: Vilanova de Arousa.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

1

Piz

Rústico

36061A024013180000LI

José Antonio Varela Cobas

CT

16,81