Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 25 de agosto de 2022 Páx. 45892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 3 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social número 2022/49.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a seguir se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador por infracción na orde social, porque intentada a notificación, por vía electrónica e mediante o servizo de Correos, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, dacordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

O interesado, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.

Advírteselle de que de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, en caso contrario, procederase á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

– Expediente: 2022/49 (acta: I272022000006435).

– Data da resolución: 12 de xullo de 2022.

– Empresa: Mahía Pacín, José Luis.

– Enderezo: rúa Santo Grial, 155-5, 27004 Lugo.

Lugo, 3 de agosto de 2022

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo