Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 24 de agosto de 2022 Páx. 45659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2022/225-4).

Para os efectos previstos na Lei Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución apoios A5161FJ6//68-3 e AS2QEBDO//68-4 na LMT MUR811 e LMTA.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: substitución dos apoios A5161FJ6//68-3 e AS2QEBDO//68-4 por dous apoios tipo C-1000/14 no tramo MUR8111390 da liña de media tensión aérea (LMTA) MUR811. LMTA a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 134 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/14 e final no apoio proxectado C-1000/14. As instalacións están situadas no lugar da Igrexa, na parroquia de Santa María de Xeve, no concello de Pontevedra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público para a súa consulta no Portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica), durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 1 de agosto de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2022/225-4.

Denominación: substitución apoios A5161FJ6//68-3 e AS2QEBDO//68-4 na LMT MUR811 e LMTA.

Concello: Pontevedra.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

2

Lagoas

Rústico

36900A291000900000LO

José Figueres de la Braga

1

1,56