Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 24 de agosto de 2022 Páx. 45645

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2022 pola que se amplía o crédito da Resolución do 23 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento AU301C).

O 8 de xullo de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 23 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento AU301C).

No seu artigo 5 establécese que as subvencións reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) do programa de actuacións, investimentos e financiamento da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de trescentos mil euros (300.000,00 €).

O artigo 6 da Resolución do 23 de xuño de 2022 prevé a posibilidad de ampliar o crédito nas circunstancias previstas no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. A ampliación de crédito queda condicionada á declaración de dispoñibilidade de crédito e, se é o caso, á aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Na reunión do Consello da Xunta do 21 de abril de 2022 acordouse autorizar unha modificación orzamentaria da entidade pública empresarial Augas de Galicia que tivo como consecuencia que, unha vez contabilizados os expedientes de gasto de transferencias de capital dotados pola modificación do orzamento de capital Augas 4/2022 como consecuencia da incorporación do remanente afectado de 2021, se orixinase un saldo de crédito dispoñible (artigo 30.2.a) do Decreto 11/2009) por importe de 5.557.041,53 €.

O 15 de xuño de 2022, a Dirección de Augas de Galicia acordou ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Resolución do 5 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento de comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU232A) por importe de 302.768,94 euros.

A situación actual do crédito incorporado no capítulo VII de transferencias e subvencións de capital é a seguinte:

Columna 1

Incorporación

En execución 10.6.2022

Ampliación 15.6.2022

Minoracións posteriores ORD21001

Dispoñible

Investimentos reais

1.959.776,75 €

Transferencias e subvencións de capital

3.597.264,78 €

3.021.754,79 €

302.768,94 €

65.305,98 €

338.047,03 €

Total

5.557.041,53 €

338.047,03 €

Consonte o exposto, actualmente na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible polo que se considera oportuno ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente e incrementar o importe total da axuda convocada.

De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario

Ampliar o importe total do crédito das subvencións establecidas na Resolución do 23 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento AU301C).

Na seguinte táboa detállase o crédito definitivo:

Crédito

Conta financeira

Importe

Inicial

6566 (subvencións de capital a corporacións locais)

300.000,00 €

Ampliación

6566 (subvencións de capital a corporacións locais)

280.371,43 €

Total

580.371,43 €

Esta resolución producirá efectos consonte o previsto no artigo 39.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional primeira da
Resolución do 23.6.2022; DOG do 8 de xullo)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia