Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 23 de agosto de 2022 Páx. 45495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 29 de xullo de 2022 polo que se notifican as resolucións de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de Vilagarcía de Arousa (expediente SCOVID/VILAGARCIA/0512 e vinte e un máis).

O Concello de Vilagarcía de Arousa ditou resolución do expediente sancionador SCOVID/VILAGARCIA/0512 e vinte e un máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación das resolucións ditadas nos procedementos sancionadores en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publican na súa integridade as notificacións referidas, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro dos actos que se notifican está á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Vilagarcía de Arousa, situadas na praza Ravella nº 1, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

O prazo de ingreso das multas impostas en período voluntario será o establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

O pagamento das sancións impostas en período voluntario deberase facer nos seguintes prazos:

a) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

b) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados nos puntos anteriores exixiranse en vía de constrinximento.

As resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas só cabe recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou aquela en que se encontre a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se encontren dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal ou, potestativamente, recurso de reposición ante a persoa titular da Alcaldía do Concello de Vilagarcia de Arousa, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2022

Rosario Puente Vázquez
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF da persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

SCOVID/VILAGARCIA/0512

33254145D

Incumprimento das medidas preventivas de seguridade sanitaria e hixiene exixibles nos lugares de traballo, establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público e para o desenvolvemento de actividades que sexan establecidas polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0513

35640740D

Incumprimento da prohibición de consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas e noutros lugares de tránsito público

Artigo 41.bis.b) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0516

35602805R

Incumprimento da prohibición de consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas e noutros lugares de tránsito público

Artigo 41.bis.b) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0517

35490729G

Incumprimento da prohibición de consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas e noutros lugares de tránsito público

Artigo 41.bis.b) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0534

35454288H

Incumprimento das medidas preventivas de seguridade sanitaria e hixiene exixibles nos lugares de traballo, establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público e para o desenvolvemento de actividades que sexan establecidas polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0545

35473201W

Incumprimento, por parte dos establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se atopen abertos ao público ou con ocasión do desenvolvemento de actividades de medidas preventivas sobre limitación de capacidade ou outras relativas á organización ou ao exercicio de actividades adoptadas polas autoridades sanitarias, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.k) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0549

35489723X

Incumprimento das medidas preventivas de seguridade sanitaria e hixiene exixibles nos lugares de traballo, establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público e para o desenvolvemento de actividades que sexan establecidas polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0550

36070034P

SCOVID/VILAGARCIA/0554

35471450E

Incumprimento do horario de apertura ou peche de establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público ou para o desenvolvemento de actividades establecido como medida preventiva polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación, por permanecer nun local de hostalería fora do horario máximo de apertura establecido

Artigo 41.bis.i) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0555

SCOVID/VILAGARCIA/0561

35599148R

Participación en reunións, festas ou calquera outro tipo de actividade ou acto, permanente ou esporádico, de carácter privado ou aberto ao público en espazos públicos, abertos ao público ou privados, nos cales se produzan aglomeracións contrarias ás medidas sanitarias de prevención aprobadas polas autoridades sanitarias ou nos cales se incumpran as medidas de seguridade e precaución dispostas por estas, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis.2.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0564

73505901V

Incumprimento das medidas preventivas de seguridade sanitaria e hixiene exixibles nos lugares de traballo, establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público e para o desenvolvemento de actividades que sexan establecidas polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0566

35646585N

SCOVID/VILAGARCIA/0568

53485622L

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0570

X0694873C

Incumprimento do horario de apertura ou peche de establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público ou para o desenvolvemento de actividades establecido como medida preventiva polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación, por permanecer nun local de hostalería fora do horario máximo de apertura establecido

Artigo 41.bis.i) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0575

35641022S

Incumprimento das medidas preventivas de seguridade sanitaria e hixiene exixibles nos lugares de traballo, establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público e para o desenvolvemento de actividades que sexan establecidas polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0580

35479975Z

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0585

35467356E

Incumprimento das medidas de prevención aprobadas pola autoridade sanitaria consistentes en limitacións ás agrupacións de persoas en reunións e/ou encontros, tanto no ámbito privado como público, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.f) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0591

X2500416V

SCOVID/VILAGARCIA/0596

Y7898730S

Incumprimento das medidas preventivas de seguridade sanitaria e hixiene exixibles nos lugares de traballo, establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público e para o desenvolvemento de actividades que sexan establecidas polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros

Incumprimento do horario de apertura ou peche de establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público ou para o desenvolvemento de actividades establecido como medida preventiva polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación, por permanecer nun local de hostalería fora do horario máximo de apertura establecido

Artigo 41.bis.i) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0598

35467834V

Incumprimento das medidas de prevención aprobadas pola autoridade sanitaria consistentes en limitacións ás agrupacións de persoas en reunións e/ou encontros, tanto no ámbito privado como público, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.f) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros

SCOVID/VILAGARCIA/0613

76870214M