Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 23 de agosto de 2022 Páx. 45370

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se fai público o esgotamento do crédito da Resolución do 15 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación por parte de entidades sen ánimo de lucro de mulleres que sofren violencia de xénero, financiadas con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento SI461B).

A Resolución do 15 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación por parte de entidades sen ánimo de lucro de mulleres que sofren violencia de xénero, financiadas con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento SI461B), establece que se concederán subvencións ata o esgotamento do crédito orzamentario, segundo o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para as subvencións obxecto desta convocatoria destinouse un crédito por importe total de 550.000 euros.

A dita partida orzamentaria finánciase con fondos REACT-UE no marco do PO FSE Galicia 2014-2020 nunha porcentaxe do 100 % a través do obxectivo temático 13 «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; prioridade de investimento 13.1 «Favorecer a reparación da crise no contexto na pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; obxectivo específico 13.1.2 «Apoiar o acceso ao mercado de traballo das persoas en situación de vulnerabilidade, o acceso aos sistemas sociais e as medidas de inclusión social e erradicación da pobreza», e liña de actuación 122 «Apoio á inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero».

Tal como se establece no artigo 1.3 da Resolución de 15 de xuño de 2022, o procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4 da dita lei.

A disposición adicional única sinala que unha vez esgotado o crédito, o órgano xestor deberá publicar o esgotamento da partida orzamentaria e a inadmisión de posteriores solicitudes.

En virtude do exposto anteriormente, e no uso das facultades que teño atribuídas,

RESOLVO:

Artigo único

Dar a coñecer que o crédito orzamentario asignado ao financiamento das axudas contidas na Resolución do 15 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación por parte de entidades sen ánimo de lucro de mulleres que sofren violencia de xénero, financiadas con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se convocan para o ano 2022 quedou esgotado con data do 12 de xullo de 2022 coa solicitude presentada ás 9.47 horas.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2022

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade