Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 23 de agosto de 2022 Páx. 45530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de agosto de 2022 polo que se someten ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil na contorna do enlace da AG-4.1 coa PO-504, de clave PO/21/068.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 4 de xullo de 2022, aprobouse provisionalmente o proxecto de construción: itinerario peonil na contorna do enlace da AG-4.1 coa PO-504, de clave PO/21/068.06, no municipio de Sanxenxo (Pontevedra).

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia conta, entre os seus obxectivos, o desenvolvemento de actuacións que permitan o fomento dunha mobilidade alternativa á motorizada, así como minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

A actuación consiste na construción dun itinerario peonil na contorna do enlace da AG-4.1 (punto quilométrico (p.q.) 19+350) coa estrada PO-504 en Sanxenxo, tendo en conta que supón unha barreira para o tránsito de peóns pola intensidade de tráfico que se rexistra. Mediante este proxecto proponse o desenvolvemento dun percorrido que evite o dito enlace aproveitando o paso inferior da PO-504 baixo a AG-4.1.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese este proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos desta resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-1º, 36071 Pontevedra) e na casa do concello (rúa Consistorio, 4, 36960 Sanxenxo).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

(https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Itinerario peonil na contorna do enlace da AG-4.1 coa PO-504.

PO/21/068.06.

Concello de Sanxenxo.

Referencia catastral

Políg.

Parc.

Propietario/s

DNI

Sup. exp. (m2)

Ocup. temporal (m2)

Sit. básica do solo

Clasificación

PXOM 2003

Uso do solo

Bens afectados

1

36051A047006450000FK

47

645

Martínez Fernández, José (Hros.)

***4047**

7,28

-

Urbanizado

Urbano

Viña secaño

Labor ou labradío secaño

-

2

36051A047006460000FR

47

646

Martínez Fernández, José (Hros.)

***4047**

19,81

-

Urbanizado

Urbano

Labor ou labradío secaño

-

3

36051A047006470000FD

47

647

Martínez Camiña, Custodio (Hros.)

***6660**

27,52

-

Urbanizado

Urbano

Viña secaño

Labor ou labradío secaño

-

4

5461107NG1956S0001JE

47

-

Otero Martínez, Ángel Custodio

***0532**

10,95

14,91

Urbanizado

Urbano

Residencial

-

C-1

-

47

-

Dominio público estrada PO-504

-

19,60

20,80

Rural

Urbano

Residencial

Columna de pedra (2 unidades)